AGASALLOS QUE VEÑEN E VAN!

Despois dunhas merecidas vacacións, esta mañá tocou regresar á escola! Fixémolo pola porta grande, e nunca mellor dito... Non sabemos se foron os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador, pero os Pondaliñ@s de 5 anos xa contamos cunha nova porta, igualiña á que teñen as demais aulas do noso colexio!

Isto da porta está moi ben, pero a nós, sen dúbida, o que máis nos gustou foi o que nos estaba esperando na nosa alfombra... Unha cheíña de agasallos que deixara o Apalpador para a nosa clase! Mirade, mirade...


Comezou Roi coa bolsa máis grande, e nela había... Dúas caixiñas de area máxica coas súas ferramentas correspondentes! Unha das caixas ata traía un molde dunha pirámide! Encantounos!


Continuou Alejandro cun regalo bastante pesado, pois o envoltorio contiña... Catro contos! Levan por título "Periplo Atlántico", "Vivan las uñas de colores", "Topito terremoto" e "¡Voy a comedte!". Non coñecíamos ningún deles, pero pronto o faremos...


Como cada martes, hoxe tocaba visitar a biblioteca, mais non o puidemos facer porque durante o Nadal cambiouse o escenario e Cleo necesita tempo para organizala de novo! O que si fixemos foi ler un dos contos que nos trouxo o Apalpador. Aquí volo deixamos por se queremos volver a escoitalo, rímonos a gargalladas!


O seguinte en abrir agasallo foi Xabi, que se atopou cun novo xogo onde a nosa misión será construír palabras como se fosen un quebracabezas. Mañá estrearémolo sen falta despois das rutinas da encargada! Ademais, viña acompañado dun CD... Será que podemos xogar tamén na PDI? Temos que investigalo...


Continuou Noa, quen escolleu o envoltorio dourado, que contiña un dos xogos favoritos... Un bingo! Un bingo para que poidamos xogar nós no recanto! Pero non é un bingo de decenas... Non, é un bingo de cores, formas, números e letras! Gustounos moitísimo, tanto que nos puxemos a velo e a profe esqueceuse de sacarlle unha fotiño para compartilo con vós! Xa volo ensinaremos cando o estreemos, non vos preocupedes!


Finalmente, Martina foi a encargada de abrir o último regalo! Miramos aquela caixa e non sabíamos moi ben que facía a nena que alí estaba... Tivemos que ler as instrucións para descubrir que era un xogo de texturas! Xa vos contaremos que tal a experiencia!


Moitísimas grazas Apalpador! Os Pondaliñ@s de 5 anos estamos encantadísim@s cos nosos agasallos e estamos convencidos de que aprenderemos e nos divertiremos un montón! Mandámosche millóns de bicos ata o Courel! Vémonos o próximo Nadal!

Pero isto non era todo... Sabedes quen visitou a nosa aula durante as vacacións? Si, Valentina Tereshkova! Deixounos unha carta explicándonos que o Avó do Frío deixara baixo a súa árbore un agasallo para nós. Canta emoción!


Queredes saber que había nesa bolsa? Pois a nosa compañeira Zaira encargouse de abrilo...


Baixo ese papel violeta agochábase un quebracabezas espacial! E ademais dun montón de pezas, viña acompañado dun libro de información que nos axudará a recordar todo o que aprendemos durante o anterior trimestre! E sabedes como o fará? Hoxe bautizámolo coma o quebracabezas viaxeiro, pois cada semana visitará a casa dun par de Pondaliñ@s para que xoguemos con el e coas nosas familias! Uns levarano de luns a xoves e outros de venres a domingo, e nós estamos encantadísim@s coa idea! Agardamos que vós tamén!


Moitísimas grazas Valentina! Desfruta moito da túa estancia na Terra, nós botarémoste moito de menos! Millóns de bicos ata Rusia, ven pronto de visita!

Comentarios

  1. Que entrada no cole mais maravillosa. Como nn os nenos nn van kerer ir o cole. Se pudera ainda iba eu o colecole ja.

    ResponderEliminar
  2. Menuda volta o cole mais completa! Estan como queren estes rapaces e que fanas de que chegue ese puzzle a nosa casa😊😊

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ui, pois paréceme a min que o puzzle vai tardar un pouquiño... Como para case todo comezamos polo principio da lista, para isto decidimos empezar polo final, así que Mario vai ser dos últimos. Pero seguro que cando lle chegue a quenda vaino desfrutar un montón! 😊😊😊

      Eliminar
  3. Pois Roi si tiña ganas de volver o cole,e asi calquera.mira que de regalos chuliiissss non hai mas que verlle os sorrisos...bo trimestre a de aventuraas nos esperannn

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Este Apalpador foiche moi xeneroso! 😛 E seguro que si, este trimestre vai ser moi superaventureiro! ⚡⚡⚡

      Eliminar

Publicar un comentario