UNHA BALEA VARADA EN VALARÉS!

Sen dúbida, a noticia desta fin de semana foi a aparición dunha balea varada na praia de Valarés! Tódolos Pondaliñ@s chegamos emocionados ante este acontecemento e, sobre todo, cargadiños de información. (Moitas grazas familias por eses deberes de domingo que vos puxo a profe!) 

Aproveitando todo o que sabíamos sobre o tema realizamos unha asemblea que durou sobre unha hora e na que non deixamos de falar sobre o varamento desta balea! Fixemos hipóteses sobre unha e mil cuestións: Onde? Cando? Como? Por que? E un longo etcétera de preguntas sen resolver...

Por este motivo decidimos que, por suposto, debíamos investigar máis sobre este suceso. Así que familias... É moi probable que este trimestre desenvolvamos dous pequenos proxectos ao mesmo tempo. Xa vos contaremos!

E entre quenda e quenda de palabra, a nosa compañeira Aroa Penedo fixo unha gran revelación: o seu papá foi un dos encargados de rescatar a balea varada de Valarés! As cuestións que xurdiron ao respecto foron moi numerosas, e isto só se podía resolver dunha maneira: invitando a Luis á nosa clase para que nolo explicase de primeira man.

Deste xeito, puxémonos mans á obra e conxuntamente de maneira oral démoslle forma á carta que queríamos enviar, para despois escribila no ordenador, imprimila e firmala entre todos.

Aroa foi a encargada de levarlla ao seu papá... Será que mañá poidamos ter unha resposta? Quen sabe... Estamos expectantes e emocionadísimos!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe:

Comentarios

  1. O papa de Aroa ten moito q contar da balea seguro que un día de estés podese invitar e q conté os nenos todo o q houbo q facer para quitar a balea

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vexo que Naia non vos contou nadiña... Mañá pola mañá recibimos a Luis na nosa aula! 😉

      Eliminar
  2. creo que fomos os únicos que non vimos a balea pois mama estaba pochiña...pearo entre as fotitos que viu xa foi como a vira, una idea che mando,o concello esta preparando un concurso de ideas para a ubicación do esqueleto da balea en Ponteceso o mellor os pondaliños saben dondee jijijij

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Se vos serve de consolo, a profe tampouco a foi ver, pero por decisión propia 😥 E si, hoxe xa falamos do concurso de ideas, e vai gañando Valarés, por lóxica pura 🙂 De todas formas o concurso xa ten un sitiño reservado no noso "Libro das baleas" 🐳 A ver que novas ideas saen! 😊

      Eliminar
  3. Luis encantado de ir, gracias por invitalo 😘😘

    ResponderEliminar

Publicar un comentario