RECIBIMOS UNHA POSTAL DE PAPÁ NOEL!
Queridas familias, temos unha gran novidade para contarvos... Pero unha que moi moi grande!
Esta mañá alguén petou na nosa porta! Era Enrique, o conserxe, nada estraño para nós porque nos vén visitar moitas veces, mais nesta ocasión traía algo na man, algo diferente! Contounos que viña de 'Correos', e que alí lle deran unha cousiña para nós...
Era unha postal, unha postal que viña de moooooi lonxe! Vimos a Papá Noel no seu trineo tirado por un reno, pero nunca nos imaxinamos o que estaba a piques de suceder...
Cando a mestra se puxo a lela descubrimos que se trataba dunha postal enviada desde Laponia, unha postal escrita polo propio Papá Noel, unha postal que dicía así:
"Queridos nenos e nenas de 5 anos:
Son Papá Noel e escríbovos desde a miña aldea de Laponia. A vosa profe Rocío veume visitar este Nadal e faloume moito de vós. Por iso quixen mandarvos esta postal para saudarvos, porque eu xa vos coñezo, non o esquezades...
Mándovos moitos bicos e moitos abrazos.
Volverei de visita o próximo Nadal, aínda que vós tamén podedes vir visitarme a Laponia. Estades máis que invitados.
Firmado: Papá Noel"
Que sorpresa e cantas cariñas de ilusión! Aínda que algúns Pondaliñ@s decidiron interrogar á profe para que lles prometese que non fora ela quen a enviou. Ela por suposto que non tiña nada que ver, como iba poder mandar unha postal se xa estaba de volta en Ponteceso? Comprobamos que o selo da postal tamén era de Papá Noel e xa non nos quedou ningunha dúbida! PAPÁ NOEL ENVIÁRANOS UNHA POSTAL!
O que si fixo a profe foi ensinarnos algunha que outra fotiño da súa visita á aldea de Papá Noel. É un pobo moi fermoso, pero o que máis nos gustou foi a gran barba do noso amigo e os seus renos, porque a profe coñeceu ao auténtico Papá Noel e viu renos de verdade! Non dábamos crédito!
E como moitos Pondaliñ@s se quedaron con ganas de máis, aquí vos deixamos un link sobre "Santa Claus Village" no que poderedes atopar novos vídeos e fotografías para que as nenas e nenos de 5 anos se sigan sorprendendo máis e máis: https://santaclausvillage.info/es/

Naia contoume o da carta e eu xa lle dixera q a profe ora a Laponia, e non me creiu, veu super emocionada, xa q vai chorando polo menos q veña rindo jajajs
ResponderEliminarPois aos Pondaliñ@s xa llo contara eu antes de marchar, pero vese que non me fixeron moito caso 🤣 Despois á volta do Nadal intenteilles contar a experiencia pero ese día estaban máis interesad@s en explicar todo o que lles regalaran durante as vacacións! 🙈
Eliminarvaia detallazo Rocioo ,que papa Noel lle escribirá os nosos pondaliñosss guauuuu debiu de ser magicoooo
ResponderEliminarNa oficina de correos da aldea de Papá Noel ocorren cousas fantásticas 😍
Eliminar