RECIBIMOS A VISITA DUN RESCATISTA DE BALEAS!
Esta mañá recibimos a visita de alguén moi especial na nosa aula... Recordades que a nosa compañeira Aroa Penedo nos contara que o seu papá foi un dos encargados de rescatar á balea varada de Valarés? Pois hoxe Luis estivo con nós para explicarnos tódolos detalles desta fazaña e responder tódalas preguntas que tiñamos preparadas, así como algunha outra que xurdiu ao longo desta asemblea tan diferente!
Estas son algunhas das cousiñas que aprendemos... Vós coñecíades estes datos?
E tamén nos falou de dúas cousiñas moi importantes: o respecto pola natureza e o respecto polas persoas que se encargaron do rescate. Así pois, comprometémonos a reciclar e reutilizar canto material poidamos, a recoller todo o lixo que atopemos tanto nas praias coma nos montes ou nas rúas, e a non contaminar ningún destes espazos. Ademais, prometemos non cruzar cintas de seguridade como as que puxeron en Valarés, pois podemos mancarnos e interrumpir as tarefas dos traballadores e traballadoras.
Moitísimas grazas Luis pola túa visita! Canto aprendemos grazas a ti! Recorda comentarlle a Aroa o motivo da morte da balea cando o CEMMA publique o resultado das súas análises!
E falando de baleas... Tanto é o noso interese por estes animais mariños que oficialmente imos comezar un pequeno proxecto sobre elas! No día de onte conseguimos relaxarnos e colorear un mandala de balea en completo silencio e plena concentración mentres escoitábamos música clásica. Por suposto, esta será a portada do noso "Libro das baleas". E hoxe xa demos resposta ao "Que sabemos?" e ao "Que queremos saber?" sobre estes cetáceos! Así que moi probablemente levemos unha misión para esta fin de semana... Seguro que adiviñades cal é!
Pero o das baleas non é o único proxecto no que estamos inmersos... Como ben sabedes, este curso dedicámosllo a un artista: a Joan Miró! Neste 2º trimestre retomamos a nosa investigación sobre este pintor e hoxe quixemos representar as 5 manchas protagonistas do conto "O cadro máis bonito do mundo". Para facelo, decidimos reutilizar algún material que atopamos pola aula...
Para a mancha azul empregamos plastilina que xa tiñamos na clase. Por suposto, coa que nos sobrou fixemos unha boliña e foi para o caixón correspondente para poder xogar con ela no recuncho da arte!
Continuamos coa mancha verde, e para ela reutilizamos unha rede que algunha familia aportou para crear en 3 anos o mural de Sandwina, a primeira muller forzuda. Recordádela? Como non podía ser doutra maneira, a rede sobrante deixámola no noso armario da reciclaxe!
Seguimos coa mancha vermella, e para iso reutilizamos unha la que tiña a profe e que xa utilizáramos en 3 anos cando coñecemos a Teo, o monstro de cores!
De seguido, era a quenda da mancha negra. Como non tiñamos nada desa cor, mesturamos a area que usamos para trazar con pintura negra. Iso si, usamos todas e todos o mesmo recipiente para non desperdiciar pintura e tamén aforramos auga ao lavalo!
Finalmente, a única que nos quedaba sen darlle cor era a mancha amarela. E desa cor só atopamos la e plastilina que xa usáramos e uns tapóns que non chegaban para todos e todas. Así que decidimos coller novamente pintura e misturala cunhas estrelas que usáramos tanto no proxecto do Universo coma no Nadal. Por suposto, cun só bote e un só pincel para os 22!
O que os Pondaliñ@s non saben é que agora que estamos completamente metidos no mundo das texturas, este traballiño transformarase nun xogo de adiviñanzas. Hoxe quedaron a secar, pero xa vos contaremos que ocorre estes días...
E como última nova do día... O blog do Club de Ciencias xa está en marcha e alí está colgado o experimento que fixemos este luns, así como algunha que outra novidade. Botádelle un ollo e animádevos a comentar!

- A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) tomou mostras para descubrir por que morreu a balea, xa que aínda non se coñece a causa do seu falecemento.
- A balea levaba 4 ou 5 días morta no mar, e foron as mareas vivas destes días as que a trouxeron ata a area de Valarés.
- A balea era un macho duns 8 anos e non ten nada que ver co ballenato que atoparon en Muxía días atrás.
- Custoulle moitísimo tempo rescatala, estiveron traballando dende as 9 da mañá ata as 5 da madrugada. Pesaba moitísimo, moito máis do que dicían os xornais, polo menos 23 toneladas! E para facelo necesitaban que a marea estivese alta para que a balea flotase e fose un pouquiño máis fácil arrastrala. Ademais, falounos das botas especiais que empregaron durante o rescate.
- No rescate só participaron homes, mais con Luis no Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) traballan dúas mulleres. Iso si, do CEMMA viñeron varias mulleres tomar mostras da balea para logo analizalas.
- A balea tiña pelos na boca porque é unha balea barbada, se tivese dentes sería dentada. E ao ser barbada o que tamén tiña eran dous espiráculos para respirar, pois se fose dentada só tería un.
- A balea xa foi despezada en moitos anaquiños e para iso empregaron motoserras e coitelos bastante grandes.
- Os ósos da balea vanse enterrar en grava durante un ou dous anos detrás do Punto Limpo de Ponteceso.
- O esqueleto recompoñerano e crearase un concurso de ideas para ver onde se pode expoñer dentro do concello de Ponteceso. A nosa proposta é que sexa en Valarés por ser onde se atopou, pero Luis contounos que ao aire libre non podía estar debido aos temporais que se dan nesta zona. A ver que outras ideas se nos ocorren para solucionar isto...
E tamén nos falou de dúas cousiñas moi importantes: o respecto pola natureza e o respecto polas persoas que se encargaron do rescate. Así pois, comprometémonos a reciclar e reutilizar canto material poidamos, a recoller todo o lixo que atopemos tanto nas praias coma nos montes ou nas rúas, e a non contaminar ningún destes espazos. Ademais, prometemos non cruzar cintas de seguridade como as que puxeron en Valarés, pois podemos mancarnos e interrumpir as tarefas dos traballadores e traballadoras.
Moitísimas grazas Luis pola túa visita! Canto aprendemos grazas a ti! Recorda comentarlle a Aroa o motivo da morte da balea cando o CEMMA publique o resultado das súas análises!
E falando de baleas... Tanto é o noso interese por estes animais mariños que oficialmente imos comezar un pequeno proxecto sobre elas! No día de onte conseguimos relaxarnos e colorear un mandala de balea en completo silencio e plena concentración mentres escoitábamos música clásica. Por suposto, esta será a portada do noso "Libro das baleas". E hoxe xa demos resposta ao "Que sabemos?" e ao "Que queremos saber?" sobre estes cetáceos! Así que moi probablemente levemos unha misión para esta fin de semana... Seguro que adiviñades cal é!
Pero o das baleas non é o único proxecto no que estamos inmersos... Como ben sabedes, este curso dedicámosllo a un artista: a Joan Miró! Neste 2º trimestre retomamos a nosa investigación sobre este pintor e hoxe quixemos representar as 5 manchas protagonistas do conto "O cadro máis bonito do mundo". Para facelo, decidimos reutilizar algún material que atopamos pola aula...
Para a mancha azul empregamos plastilina que xa tiñamos na clase. Por suposto, coa que nos sobrou fixemos unha boliña e foi para o caixón correspondente para poder xogar con ela no recuncho da arte!
Continuamos coa mancha verde, e para ela reutilizamos unha rede que algunha familia aportou para crear en 3 anos o mural de Sandwina, a primeira muller forzuda. Recordádela? Como non podía ser doutra maneira, a rede sobrante deixámola no noso armario da reciclaxe!
Seguimos coa mancha vermella, e para iso reutilizamos unha la que tiña a profe e que xa utilizáramos en 3 anos cando coñecemos a Teo, o monstro de cores!
De seguido, era a quenda da mancha negra. Como non tiñamos nada desa cor, mesturamos a area que usamos para trazar con pintura negra. Iso si, usamos todas e todos o mesmo recipiente para non desperdiciar pintura e tamén aforramos auga ao lavalo!
Finalmente, a única que nos quedaba sen darlle cor era a mancha amarela. E desa cor só atopamos la e plastilina que xa usáramos e uns tapóns que non chegaban para todos e todas. Así que decidimos coller novamente pintura e misturala cunhas estrelas que usáramos tanto no proxecto do Universo coma no Nadal. Por suposto, cun só bote e un só pincel para os 22!
O que os Pondaliñ@s non saben é que agora que estamos completamente metidos no mundo das texturas, este traballiño transformarase nun xogo de adiviñanzas. Hoxe quedaron a secar, pero xa vos contaremos que ocorre estes días...
E como última nova do día... O blog do Club de Ciencias xa está en marcha e alí está colgado o experimento que fixemos este luns, así como algunha que outra novidade. Botádelle un ollo e animádevos a comentar!
E por hoxe nada máis... Mañá máis e mellor, e nunca mellor dito porque alguén visitará a nosa aula, pero isto polo momento é un segredo! Estade atent@s ao blog!
Di Luis que fui un pracer estar con todos os nenos e mestras cando queirades contade con el. Saúdos
ResponderEliminarQue ben, moitísimas gracias! 😊
Eliminarbueno que de cousas aprendemos con Luis ,seria interesante saber por que morriu si....e as aulas de ciencia vexo que son un éxito,Roi chegou e xa quería facer o experimento na casa jijiji que de cousas nos deparan a nova semana,..impacientes estamosss
ResponderEliminarNon sería ese o "experimento tóxico" que nos contou que fixera na casa? 🤣🤣🤣
Eliminar