Publicacións

SUPERANIVERSARIOS DE XUÑO, XULLO E AGOSTO!

Imaxe
No día de hoxe estivemos de celebración! Roi e Hugo fixéronse maiores e xa cumpriron 6 anos. E Aroa V., Lucía, Izan, Zaira e Xabi farano durante os meses de verán, pero non por iso quedaron sen celebración! Aquí os tedes no noso marco dos aniversarios! Sen dubidalo, enfundaron as súas capas de "Supercumpleañer@s nº6"! Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos aos nosos compañeir@s, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! Así mesmo, tamén lles fixemos uns bonitos agasallos... Uns grandes libros de debuxos para os nosos compañeir@s!   E xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres os nosos amigos sopraban as súas velas de aniversario! Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate! Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invi...

DASH PRECISA DA NOSA AXUDA!

Imaxe
Despois de varias semanas de investigación e aprendizaxe sobre o mundo dos superheroes e das superheroínas, os Pondaliñ@s de 5 anos fomos quen de superar tódolos retos que nos propuxo o Señor do Tempo! Así pois, hoxe puidemos abrir a porta número oito, a última da casiña que nos deixou! E como non podía ser doutra maneira, o Señor do Tempo cumpriu coa súa palabra e desvelounos a misión ultrahipermegaimportante e secreta que tiña para nós! Sabíamos que tiñamos que axudar a alguén... Pero a quen? Que problema tiña? Como o podíamos solucionar? Estas e outras moitas preguntas rondaban pola nosa mente, e hoxe por fin puidemos contestalas a todas! Estade atent@s ao seguinte vídeo, nel descubriredes quen precisa da nosa colaboración para solucionar un problema ben importante... Efectivamente, era Dash Parr quen nos necesitaba! E, por suposto, aceptamos a misión sen dubidalo e puxémonos mans á obra... Tantas ideas se nos viñan á mente que a profe non era capaz de seguirnos o ritmo! ...

ROBÓTICA EDUCATIVA: VISITAMOS 5ºB!

Imaxe
Esta mañá os Pondaliñ@s de 5 anos subimos ao último piso da nosa escola para visitar aos nenos e nenas de 5ºB, e tamén á súa profe Meibel. Sabedes por que? Pois porque durante todo o ano estiveron participando nun programa de Robótica Educativa, e ao rematar o curso invitáronnos a coñecer os seus robots e as súas maquetas... Mirade que ideas tan xeniais para mellorar a educación viaria de Ponteceso! E ata nolas deixaron probar para descubrir de primeira man como funcionaban os diferentes sensores! Pero, sen dúbida, o momento máis esperado e o que máis nos entusiasmou foi cando nos deixaron manexar os seus robots. Conducímolos e algúns incluso os fixemos soar! Que ben o pasamos e canto nos gustou esta nova experiencia! Moitas grazas pola invitación!

NOVOS RETOS DO SEÑOR DO TEMPO!

Imaxe
Estas últimas semanas o Señor do Tempo tivo que apurar un chisquiño as súas misións sobre os superheroes e as superheroínas, mais por fin chegamos ao último reto, e moi pronto descubriremos o que se agocha no interior da casiña. Por fin poderemos desvelar ese misterio que nos ten tan intrigados! Que gran misión nos espera? A quen temos que axudar? Ai, que nervios! Así pois, nestes últimos días fomos recibindo novas cartas con novos retos: descubrir novos superpoderes, coñecer algúns villanos, crear o noso propio superheroe ou superheroína e aprender un chisquiño máis de arte, música e cociña superheroica. Pouco a pouco fomos superando probas, e os encargados e encargadas de aula abrindo portas. Só nos queda unha, que cremos que mañá xa poderemos abrir! Pero non creades que isto de superar retos consiste só en deixar por escrito todo o que imos descubrindo nos libros de información, tamén temos un montón de xogos na aula, algún que outro que nos deixa o Señor ...

GRADUACIÓN: PROMOCIÓN 2016-2019!

Imaxe
Na tarde do pasado mércores 12 de xuño os Pondaliñ@s de 5 anos celebramos a nosa Graduación! Acompañados de mestras e familiares, festexamos o noso paso por Educación Infantil, ademais de dar un novo pasiño cara 1º de Educación Primaria! Cantos nervios pasamos, pero sobre todo, que ilusión nos fixo este gran momento! Será inolvidable! Aquí vos deixamos un pequeno gran resumo do que sucedeu nesta xornada tan especial:

CONVIVENCIA EN VALARÉS!

Imaxe
Coma tódolos anos, esta mañá celebramos a tradicional convivencia do CEIP Eduardo Pondal na praia de Valarés! Canto nos gusta esta saída e que ben o pasamos! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que ocorreu no día de hoxe:

COÑECEMOS AOS NOSOS NOVOS COMPAÑEIR@S!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha visita moi especial... Nuns meses seremos Pondaliñ@s de 1º de Primaria, polo que ao facernos maiores cambiaremos de aula, de profe e tamén contaremos con novos amig@s na nosa clase!  Por este motivo, hoxe coñecemos a Mateo e Daniela, que se incorporarán á nosa aula o vindeiro curso! Moitos de nós xa os coñecíamos das actividades extraescolares e fíxonos moitísima ilusión a súa visita! Como somos tantos, ao principio resultaralles complicado acordarse de tódolos nomes, así que quixemos facerllo un pouquiño máis fácil... E para iso creamos un libro-xogo para cada un! Aquí temos á nosa compañeira Leila decorando as portadas, e as mans en forma de corazón son de Hugo! Nas seguintes páxinas colocamos unha das fotografías grupais que sacamos na última saída á Coruña, e tamén as fotos individuais da nosa graduación xunto ao noso nome, que cada Pondaliñ@ tivo que escribir e decorar! E en que consistía o xogo? Pois tanto Mateo como Daniela tiñan que descubr...