HOXE AXUDÁRONNOS A SABER MÁIS DOS CARACOIS...
No día de hoxe aprendemos un pouquiño máis sobre os caracois grazas ás aportacións de... Lucía e Roi pasaron unha divertida tarde de manualidades na casa do noso compañeiro e aquí nos mostran estas paisaxes tan caracoleiras que modelaron coas súas mamás. Roi mostrounos os seus caracois terrestres baixo un cogomelo e un ourizo, e Lucía os seus, que paseaban xunto a un mar cheo de cunchas e caracolas ou caracois mariños. Leila trouxo unha cuncha de caracol baleira que atopou no bosque. Grazas a ela hipotetizamos sobre o que ocorreu co corpo dese caracol e chegamos a dúas conclusións: ou o caracol perdeu a súa cuncha e se transformou en babosa ou este morreu e deixou a súa cuncha atrás. Tendo en conta que xa sabemos que babosas e caracois son animais diferentes e que o caracol non perde a súa cuncha, senón que esta medra con eles, deducimos que a opción correcta é a última. Claudia ensinounos unhas caracolas xigantes que conseguiu a súa mamá. Mentres as observábamos, xurdiu...