ROBÓTICA E CARACOIS!

Esta mañá, na biblioteca da nosa escola, grazas á ANPA do CEIP Eduardo Pondal recibimos unha demostración de robótica por parte dunha profe moi simpática que se chamaba Alba. Coñecemos moitos tipos de robots e todo o que eles facían. Gustounos tanto e estivemos tan atentos que pensamos que van ser moitos os nenos e nenas que se apunten a esta actividade. Tamén nos puxemos moi contentos cando a mestra Rocío nos mostrou a bee-bot que nos acompañará durante este curso para seguir aprendendo e divertíndonos na nosa clase.


No día de hoxe, ademais, fixemos unha animada manualidade relacionada co noso proxecto sobre os caracois. Primeiro decoramos unha folla coas cores de outono. Logo, con plastilina fixemos un churriño e démoslle forma de "L" para pegalo á nosa folla. Cando xa estaba ben suxeita, escollemos entre noces e castañas para transformalas nas cunchas dos nosos caracois. Por último, colocamos un par de pauiños a modo de cornos ou tentáculos e a profe axudounos cos ollos. Aquí vos deixamos o resultado final. Que vos parecen?





Ademais, hoxe por fin puidemos coñecer a historia do caracol Piti, o conto que nos trouxo a nosa compañeira Lucía. Encantounos e rímonos moito con el!

Comentarios

  1. q chulada de caracoles!!! , e que ben se portaron eses nen@s en robotica!!!!jijiji genialll

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Déronnos traballiño e levounos o seu tempo, pero a verdade é que nos quedaron fenomenal! 👌 Antes de robótica tivemos unha charla seria e vese que xurdiu efecto 😂

      Eliminar
  2. Respostas
    1. Naia que se repoña, iso é o máis importante. Quédannos moitos días de curso para vivir moitas experiencias no cole 😊 Dálle un bico moi grande de parte dos Pondaliñ@s e da profe Rocío! 😘😘😘

      Eliminar
  3. Nin sei se lle gustará o da robótica encima sen caracol, con contenta q estaba cando comprou o libro de o caracol piti, a ver se maña pode ir

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que non se preocupe pola robótica, para a semana estrearemos a bee-bot na aula e xa descubrimos se lle gusta ou non, que seguro que si! 😊 E polo caracol que estea tranquila, que xa na aula temos reservada a súa folla, a súa plasti e os seus palillos para poder facelo cando regrese 😉 E se quere pode traer o conto ao cole, que seguro que os seus compañeir@s están desexando escoitalo de novo! 👏👏👏

      Eliminar
  4. A Hugo gustanlle moito os caracoles, tuvemos unha temporada que tiñamos caracol hasta na sopa! 😁 E o libro de Piti encantalle, leemolo casi todos dias!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois haberá que retomar esa época, que os vexo tan motivados cos caracois que creo que imos andar a voltas con eles ata final de trimestre 😂

      Eliminar
  5. Andrea ta moi ilusionada cos caracoles. Quesaron geniales.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos moito 🙂 Seguiremos aprendendo deles durante unhas semaniñas ou meses máis 🐌🐚

      Eliminar

Publicar un comentario