DURANTE OS PRÓXIMOS MESES APRENDEREMOS MÁIS SOBRE...
Despois duns días cavilando, no día de hoxe chegamos a un acordo en asemblea... Sobre que queremos aprender nas próximas semanas? Pois sobre uns animaliños que levamos observando cada vez que baixamos ao patio e que espertan a nosa simpatía e, por suposto, a nosa curiosidade... Seredes quen de adiviñar de que animais falamos escoitando esta canción?
Unha vez que decidimos que os caracois serán os nosos mellores amigos durante as próximas semanas, pensamos en todo aquilo que xa sabemos deles, e tamén todo o que nos gustaría saber... Falamos e falamos, e este foi o resultado!
Agora, as nosas inquedanzas xa se atopan na cortiza para poder falar delas cada vez que nos sentemos na alfombra... Tamén deixamos lugar para colocar toda a información que vaiamos atopando durante o desenvolvemento deste proxecto!
Moi pronto visitaremos a Cleo para ver que atopamos na biblioteca, a profe tamén comezará a traer cousiñas á aula, pero o máis importante será o que nós atopemos nas nosas casas coa nosa familia. Por este motivo, eviamos unha carta a través da nosa axenda pedindo a vosa colaboración. Necesitamos todo o que se vos ocorra relacionado cos caracois (libros, contos, cancións, vídeos, xogos, manualidades...), iso si, recordade que todo ten que vir con nome para non extraviar nada. Aquí vos deixamos a nota que escribiu a nosa encargada de hoxe para a súa familia!
Como ocorreu o curso pasado cos esquimós ou as caterpillars, desta vez tamén lle dedicaremos un recuncho da aula aos caracois, e para identificar esta zona, aproveitamos o soliño de despois do patio para decorar letras e debuxos alusivos. Por parellas que nós mesmos escollemos de maneira libre puxémonos a traballar...
Despois de decorar, recortar e pegar, así quedou o noso Recanto dos Caracois, listo para acoller tódalas cousiñas que traiamos das nosas casas!
Xa para rematar este día tan caracoleiro, decoramos as portadas do noso "Libro dos caracois". O que máis nos gustou foi pintar con garfos, menudo xardín nos quedou!
Unha vez que decidimos que os caracois serán os nosos mellores amigos durante as próximas semanas, pensamos en todo aquilo que xa sabemos deles, e tamén todo o que nos gustaría saber... Falamos e falamos, e este foi o resultado!
Moi pronto visitaremos a Cleo para ver que atopamos na biblioteca, a profe tamén comezará a traer cousiñas á aula, pero o máis importante será o que nós atopemos nas nosas casas coa nosa familia. Por este motivo, eviamos unha carta a través da nosa axenda pedindo a vosa colaboración. Necesitamos todo o que se vos ocorra relacionado cos caracois (libros, contos, cancións, vídeos, xogos, manualidades...), iso si, recordade que todo ten que vir con nome para non extraviar nada. Aquí vos deixamos a nota que escribiu a nosa encargada de hoxe para a súa familia!
Como ocorreu o curso pasado cos esquimós ou as caterpillars, desta vez tamén lle dedicaremos un recuncho da aula aos caracois, e para identificar esta zona, aproveitamos o soliño de despois do patio para decorar letras e debuxos alusivos. Por parellas que nós mesmos escollemos de maneira libre puxémonos a traballar...
Xabier e Alonso decoraron a letra "A" e Alejandro e Lucas a letra "C".
Mario e Brais M. decoraron a letra "S", Mariña e Naia a letra "O" e Leila e Claudia a letra "R".
Hugo e Nizar decoraron a letra "S", Martina e Lucía un caracol e Noa e Aroa V. o outro caracol.
Andrea e Izan decoraron a letra "I" e a "O", Zaira e Marta a letra "C" e Brais P. e Roi a letra "A".
Aquí estamos todos!
Despois de decorar, recortar e pegar, así quedou o noso Recanto dos Caracois, listo para acoller tódalas cousiñas que traiamos das nosas casas!
Xa para rematar este día tan caracoleiro, decoramos as portadas do noso "Libro dos caracois". O que máis nos gustou foi pintar con garfos, menudo xardín nos quedou!
Que bonito. Ahora buscar información sobre os caracoled
ResponderEliminarSi, moitas grazas por implicarvos tanto e colaborar con nós 😊
EliminarEncantoume a nota,a ver se encontramos algo antes de ingresar
ResponderEliminarSi, seguro que si, e senón tampouco pasa nada, deixádelo para a volta que penso que imos ter caracois para rato 🙂
EliminarDaquela faceremos alguha manualidade aprobeitaa
Eliminarndo que temos que estar na casa
Perfecto! 👍 Nós tamén lle temos unha cousiña para que non se olvide dos Pondaliñ@s e siga aprendendo sobre os caracois durante a recuperación. Esperemos que o mensaxeiro chegue a tempo, e senón, nos próximos días revisade a mochila de Aarón 🙈😊
EliminarJa ja ja moitas gracias por preocuparte
Eliminar😊😊😊
EliminarRoi ten idea de levarchos vivos jajajajajajaja nos crearemos un caracol cos cornos o sol jijij
ResponderEliminarÉ que lles dixen que moi pronto imos crear un caracolario, e para iso necesitamos ir en busca de caracois. Pero xa vos avisarei eu, que por agora non temos sitio para que vivan felices e contentos na aula 🙂
Eliminar