RETRATOS E CARACOIS!
No día de hoxe, na aula de 4 anos, aprendemos o que é un retrato e, como non podía ser doutra maneira, fixemos un do protagonista da nosa historia favorita nestes últimos días: "Las tijeras de Matisse". Parécense os nosos debuxos a este artista?
RETRATOS: MATISSE.
Conforme os fomos rematando, antes de merendar, puidemos xogar un cachiño coa plastilina. Gústanos tanto o noso proxecto que por iniciativa propia dous dos nosos compañeiros, Roi e Alejandro, animáronse a crear uns bonitos caracois! Mirade, mirade!
Pero isto non foi todo o que fixemos relacionado con estes animaliños... O noso recanto dos caracois comeza a encherse grazas ás aportacións de varias nenas e nenos da aula:

Noa chegou cun debuxo dun caracol que ela mesma decorou. Tamén con parte dun conto de Peppa Pig no que aparece este animal. E o que máis nos gustou, un libriño que xa lemos e que volveremos a ler porque trae moita información sobre os caracois que nos servirá para seguir aprendendo sobre eles.
Martina trouxo un libro de adiviñanzas e dunha delas o protagonista era o caracol. Tamén nos mostrou a figura de Gary, o caracol da serie "Bob Esponja". E o que máis chamou a nosa atención, unha caixiña chea de caracolas que colleu coa súa irmá Cecilia na praia de Valarés.
Alonso ensinounos o caracol de goma-eva que recortou e decorou coa súa nai e coa súa irmá Sabela.
Claudia compartiu con nós un debuxo que fixo a súa mamá e tamén un montón de información que descoñecíamos sobre os caracois: hibernan, teñen dentes, a baba axúdalles a moverse sen mancarse, son practicamente cegos...
Lucía veu cun conto titulado "O emocionante día de Piti o caracol", unha historia que mañá contaremos e da que hoxe vimos as súas imaxes brillantes. Ademais, a nosa compañeira tamén nos ensinou un nido de paxaro que atopou a súa avoa.
Os nenos moito se parecen a Matisse. Non se nota a diferenza, jajaja. Son uns artistas.
ResponderEliminar👏👏👏
EliminarJOLIN pois os dibujos realmente están genial ehh !!,e cantas cositas imos aprender dos caracoles!!!1
ResponderEliminarSe traballamos tranquilos, pouquiño a pouco e seguíndonos uns aos outros sáennos cousas xeniais! 👏👏👏 De caracois imos ser todos uns expertos: nen@s, familias e profes! 🐌🐚
Eliminar