O OUTONO XA CHEGOU!
No día de hoxe o verán quedou atrás e xa nos adentramos na nova estación: o outono. Para celebralo fixemos unha divertida manualidade.
Primeiramente, escollemos a nosa folla preferida entre tódalas que había e identificámola co noso nome para non confundila coa dos compañeiros e compañeiras. Logo, entre todos compuxemos a palabra "outono" e escribímola na nosa cartolina. Seguidamente, debuxámoslle e coloreámoslle brazos e pernas á nosa folla e, coa axuda da profe, puxémoslle un gran sorriso cun rotulador moi especial. Despois, colocámoslle un nariz, e para iso escollemos entre as castañas que nos trouxo a mestra e as noces que Alejandro, Alonso e Roi recolleron no patio. Por último, decoramos a nosa cartolina con gomets de cores, as máis características desta estación do ano.
Aquí nos tendes coas nosas follas animados xusto antes de baixar ao comedor. A nós gústannos moito, que vos parecen a vós?

Gustoulle moito a folla de outono. Andrea veu moi contenta ca folla.Gracias
ResponderEliminarQue ben, alegrámonos moito 🙂
EliminarAlex tamen veu moi contento ca sua manualidad do outono
ResponderEliminarFantástico, fixérono moi ben! 👏👏👏
Eliminarpois a Roi despegouselle o mariz,e mimaaa entre o que choraba,e eu non lle entendiaaaaa...jajajjajj o final conseguir averiguar,e poñerlle o narisiño a folla e xa quedou contentisimooo !!
ResponderEliminarSi, o blu-tack é o que ten, pero bueno, se déchedes amañado non foi nada. Alegrámonos de que vos gustase! 😉
EliminarPrecioso!
ResponderEliminarNon sei a quen lle roubaría a profe Rocío a idea 😂
Eliminar