BOTAMOS A VISTA ATRÁS...

Como ben sabedes, no día de onte comentamos cos nosos compañeiros e compañeiras todo o que fixemos durante os meses de verán. E hoxe tocou debuxalo...

Botamos a vista atrás e nunha cartolina con forma de ollo, despois de identificalos co noso nome, fixemos os nosos debuxos cos lapis e as ceras novas. Cando rematamos, estreamos tesoiras e cortamos as pestanas, para logo pegalas ao noso ollo de verán. Mirade que ben o facemos!





E mentres nós enchiamos as nosas barrigolas no comedor, a profe encargouse de colocar as nosas obras de arte na cortiza para que calquera que nos visitase as puidese admirar! Seguro que mañá levamos unha agradable sorpresa cando entremos de novo na aula!

Comentarios

  1. q artistas!! xa tiña mono de oxear o blog jijijijij

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Artistazos! 🎨 Vas ter blog para rato que a profe tamén estaba con mono 😜

      Eliminar
  2. Está xenial!!!gracias polo diario, así podo coñecer o que fan os nenos na clase ,q Mario conta pouco😉

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Normalmente subo cousiñas cada día ou cada dous días para que saibades que van facendo no cole. A Mario dálle tempo, son os primeiros días, logo comezará a contar. Na clase xa está completamente integrado! 🙂

      Eliminar

Publicar un comentario