VOLTA AO COLE!
O curso 2017/2018 xa está aquí e a mestra Rocío espera que os seus Pondaliñ@s veñan coas enerxías renovadas e con moitas ganas de seguir aprendendo agora que deixan de ser os pequechos da escola! E, sobre todo, con moitas ganas de ser achuchados por unha profe que os botou moito de menos!
Debido á celebración das festas da Barquiña de Ponteceso, o inicio de curso retrasarase ata o mércores 13 de setembro. Pero verémonos antes deste día, xa que as familias seredes citadas para unha reunión inicial que se celebrará a finais da vindeira semana. A partir do próximo luns estade atentas ao teléfono xa que recibiredes unha chamada da profe Rocío para confirmarvos a data e a hora final. Ademais, tamén vos pedirá unha fotografía tipo carnet dos vosos fill@s para comezar a facer cousiñas de cara ao inicio do curso, polo que se non contades con ningunha imaxe actual dos nen@s, aproveitade estes días para sacar unha e que así queden moito máis lucidas as súas pertenzas persoais e os traballiños que vaian facendo ao longo do curso.
Para calquera cousiña, a profe xa se atopa no colexio desde hoxe! A seguir desfrutando do que queda de vacacións!

Estarei pendente do móvil. Xa se saco unha foto a Andrea. Gracias Rocio.
ResponderEliminar¡Perfecto! Vémonos para a semana 😄
EliminarOla Rocio!!! Roi con moitas ganas de volver a ver a profe e os amiguiños!!!,perfecto,estaremos atentos o tlf,e xa lle quitarei a fotito!! vemonos prontitoooo bicossss
ResponderEliminarE a profe con moitas ganas de velo! 👏👏👏 Perfecto, xa nos vemos nuns días 😊😘
EliminarOla Rocío!!!! Teremos a foto preparada e pendentes do telefóno, Lucía desexando volver o cole da profe Rocío. Vemosnos para a semana😘😘
ResponderEliminarE a profe Rocío desexando que Lucía volva ao seu cole 😂 Moi ben, vémonos nuns días! 😊😘
Eliminar