#ACCESIBILIDADYA

Esta mañá, no patio do noso colexio, concentrámonos mestres/as e compañeiros/as, xunto a membros da asociación Íntegro e algunha das nosas familias, a favor da accesibilidade universal e da eliminación de barreiras.


Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 4 anos portando o folleto no que se explica o por que desta concentración, folleto que xa levamos para as nosas casas para poder comentar esta situación coas nosas familias.


Resulta que este 4 de decembro remata o prazo legal para que todos os produtos, bens e servizos sexan accesibles. Nós ben sabemos que isto non é así, e como non nos parece para nada xusta esta situación, realizamos esta concentración para facer consciente a toda a sociedade desta problemática e apoiar a eliminación de todas e cada unha das barreiras que aínda existen a día de hoxe.

E aquí nos tedes a todo o CEIP Eduardo Pondal, aos membros da asociación Íntegro e a algunha das nosas familias apoiando esta causa.

Imaxe: Asociación Íntegro

Ademais, esta tarde emitiuse en "Galicia Viva", un programa da TVG, unha reportaxe onde un xornalista se pon na pel dunha persoa que utiliza cadeira de rodas mentres pasea polas rúas de Ponteceso. Nós verémolo mañá na nosa aula, xa que somos conscientes das barreiras da nosa escola, pero darémonos conta de tódalas que existen pola rúa ou nas nosas casas?

Comentarios

  1. Esta genial que se impliquen xa de pequenos e vexan o difícil que lle resulta a alguhas persoas facer as cousas do dia a dia pareciume unha iniciativa genial

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Por suposto que si! 👏👏👏 Na aula de 4 anos seguiremos incidindo nisto con novas actividades e buscando e propoñendo novas solucións! 🙂

      Eliminar

Publicar un comentario