DÍA DA FAMILIA 2019!

Hoxe, 15 de maio, celébrase o 'Día da Familia'! Para conmemorar esta data tan especial fixémolo a través da coñecida frase "O amor témolo que regar tódolos días", pois ao igual que ocorre coas plantas, á nosa familia témola que querer e coidar os 365 días do ano!

Así que... Por que non agasallar ás nosas familias cuns xirasois que as simbolicen? Prometemos querer e coidar a estas flores igual que o facemos coas nosas familias! Este foi o proceso que seguimos:

O pasado venres xerminamos as nosas pipas de xirasol en algodón húmido. Que ocorrería durante a fin de semana?





Pois isto foi o que sucedeu... As nosas sementes xa están xerminadas! Agora só quedaba plantalas nunhas macetiñas mercadas para a ocasión, así que aproveitamos o soliño de onte para baixar ao patio e poñernos mans á obra: terra vai, auga vén! E ata lle cantamos para que medrasen axiña!





As nosas macetiñas estaban preparadas, pero ningún regalo se entrega sen envolver... Diso xa se encargou a profe, aínda que nós fomos os encargados de completar a tarxetiña que acompañaba ao noso agasallo!



Agardamos que vos gustase o noso detalliño! Querémosvos moito familias!




Comentarios

  1. que de pipas imos comer este verán..jijiji os nosos están medrando no invernadero ,gracias poo detalle ....bicolosss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben! Alegrámonos moito de que vos gustase! En setembro xa nos traeredes a proba 😊

      Eliminar

Publicar un comentario