FESTICIENCIA 2018!
Esta mañá, os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal visitamos a Aldea do Couto para participar en Festiciencia, a primeira Feira Científica da Costa da Morte, organizada pola Fundación Eduardo Pondal.
Tan pronto como baixamos dos nosos autobuses, visitamos os diferentes postos científicos situados nas carpas instaladas para a ocasión, onde tamén puidemos volver a ver a antigos alumnos e alumnas da nosa escola. Seguidamente, as nenas e nenos de Educación Infantil baixamos á Casa dos Veciños, onde nos esperaban tres obradoiros diferentes.
Xunto ás compañeiras e compañeiros do CEIP de Corme e do CRA de Ponteceso, coñecemos a José María Mosqueira Manso e a Isabel Zendal, e o que estes persoeiros supuxeron para a ciencia a nivel mundial. Despois dunha saborosa merendola, rematamos a xornada con Ricardo Pérez y Verdes e moitos dos xogos do MELGA que con nós quixo compartir. Todos eles con moita ciencia!
Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día de hoxe. Pasámolo xenial!

MOITISIMAS GRACIAS POLO GRAN REPORTAXE ROCIO !!! QUE BEN O PASARON ! QUE FELICES SON SIN GRANDES COUSAS!!
ResponderEliminarE esta semana no Aquarium máis e mellor! 👏👏👏
Eliminar