RELAXÁMONOS!
Durante estas semanas, despois de volver do patio, aprendemos o importante que é volver á calma e relaxarnos antes de realizar calquera actividade na aula.
Tras uns groliños de auga, é o momento de abrazar á lúa e repousar na nosa mesa, mentres de fondo soa algunha peza musical tranquila (cancións infantís, arrolos e cancións de berce, composicións tradicionais galegas, música clásica...). Nestes momentos, a mestra Rocío aproveita para darnos unha caricia cunha toalliña.
Aquí vos deixamos algúns exemplos, por se as queredes escoitar nas vosas casas:
E unha das nosas favoritas é "Ara e a súa arpa", de Olga Brañas, a canción número 5 do seu libro-disco titulado "Pitusa Semifusa". Non hai ningún vídeo en Internet, pero podémola escoitar en Spotify no seguinte link: https://play.spotify.com/track/0A6ZgFpW3dAEBIO0bFEKv7?play=true&utm_source=open.spotify.com&utm_medium=open
Na casa podemos usar esta aplicación gratuíta para atopar un montón de cancións infantís en galego de autores moi recoñecidos: Mamá Cabra, María Fumaça, Olga Brañas, Pablo Díaz, Pelo Gato 24, Susa Herrera... e moitos máis!
Que tranquiliños se ven.
ResponderEliminarRoi seguro q durme de verdad jejeje
ResponderEliminarQue va! Polo momento Roi non se pegou ningunha sesta! ;)
EliminarAroa p secadra non pero...
EliminarAroa P. tampouco se quedou durmida polo momento. Ela ven ao cole sempre con moito entusiasmo e enerxía! :)
EliminarEla vai encantada!!!😂😂
ResponderEliminar