Publicacións

NOVO RETO DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá, nada máis chegar á aula, unha nova mensaxe de Valentina Tereshkova estaba esperando por nós, e tiña unha nova moi importante que darnos... Aquí vos deixamos a mensaxe de hoxe: Como puidéchedes comprobar, o Señor do Tempo púxose en contacto con ela para contarlle os avances que fixemos a semana pasada relacionados co planeta Venus. E esta semana, a primeira muller astronauta rétanos a aprender máis sobre o planeta no que vivimos: A Terra! Ademais, coa alegría de ter coñecido os nosos progresos, Valentina Tereshkova foi quen de atopar unha nova peza do mapa que nos deixou fai unhas semanas. Por suposto, xa o completamos co anaquiño número tres! Así pois, esta semana aprenderemos máis sobre o planeta Terra, e para iso axudarémonos de tódolos libros de información que foron traendo os Pondaliñ@s, ademais das maquetas de Hugo, Lucía e Roi relacionadas co noso planeta, e que a mesma Valentina mencionou! Nós xa as coñecíamos desde fai un tempiño, pero hoxe tocou presentárv...

CANTAMOS BINGO E APRENDEMOS MÁIS SOBRE JOAN MIRÓ!

Imaxe
Esta mañá, na nosa aula, apareceron estas casiñas tan coloridas que nunca antes víramos. Estaban cheíñas de números, pero non sabíamos moi ben por que... Pois ben, resulta que estas son as vivendas nas que habitan tódolos números do mundo e, como non podía ser doutra maneira, viven coa súa familia, igual ca nós! Así pois, hoxe coñecemos á familia do 0, do 10, do 20, do 30, do 40, do 50, do 60, do 70, do 80 e ata a do 90! Comezamos pola primeira casiña, a da familia do 0. Xa coñecemos a tódolos números que aquí viven, así que non fixeron falta as presentacións. O que si, utilizamos estes números para coñecer un novo xogo na nosa aula: o bingo! Gustounos moitísimo e pasámolo moi ben, iso si, para que este xogo vaia aumentando un pouquiño a súa dificultade, xa sabemos o que temos que facer... Coñecer pouquiño a pouco aos demais habitantes das casiñas que xa forman parte das nosas rutinas diarias! A parella gañadora foi a formada por Andrea e Alejandro G.! Felicitámolos e alegrámon...

NOVA MISIÓN DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá, nada máis chegar á aula, unha nova mensaxe da primeira muller astronauta estaba esperando por nós... Si, Valentina Tereshkova visitounos unha vez máis e tiña algo importante que comunicarnos! Aquí vos deixamos a mensaxe de hoxe: Como vedes, o Señor do Tempo contoulle moito do que estivemos aprendendo sobre o planeta Mercurio, e esta semana a nosa compañeira de aventuras quere que investigamos máis sobre o planeta de Alejandro G., Andrea, Aroa P., Brais P. e Naia! Si, esta semana aprenderemos máis e máis sobre o planeta Venus! Coa emoción dos nosos avances, a astronauta ata foi quen de atopar unha nova peza do mapa que nos enviou a semana pasada. Xa temos dous anacos, a ver se Valentina pode encontrar algún cachiño máis na súa nave espacial! Mentres, os Pondaliñ@s de 5 anos seguiremos facendo o que nos pide e nesta ocasión indagaremos sobre o planeta máis brillante de todo o Sistema Solar! Por suposto, como tódolos luns, a profe Bea enterouse de que Valentina ...

CAL É O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO?

Imaxe
Esta mañá, a profe Rocío presentounos un conto que non coñecíamos ata o momento. Titúlase "O cadro máis bonito do mundo", e hoxe só puidemos observar a súa portada, na que vimos un marco, pero ningún lenzo...  Como non sabemos nada da historia que se atopa no seu interior, reunímonos en asemblea para falar do que para nós sería o cadro máis bonito do mundo. Aquí vos deixamos as nosas aportacións cando decidimos plasmalas en papel! Moi pronto descubriremos o que se narra neste conto, e tamén coñeceremos a un novo pintor que nos acompañará nas nosas aventuras artísticas. Quen será? Moi pronto se descubrirá o segredo! O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO Como tamén podedes ver, ao estar en 5 anos, xa escribimos o noso nome en minúscula, coma os maiores! Durante este primeiro mes de curso estivemos recordando o trazo de tódalas maiúsculas, e tamén das vogais en minúscula, por se se nos esqueceran durante o verán. Pero agora... Agora xa toca coñecer a tódalas letras do abeced...

NOVA MENSAXE DE VALENTINA TERESHKOVA!

Imaxe
Esta mañá chegamos á aula e alí nos estaba esperando unha vella coñecida... Si, por fin volvíamos a ver a Valentina Tereshkova! Aquí vos deixamos o vídeo que quixo compartir con nós no día de hoxe! Como vedes, esta semana temos unha nova misión: aprender máis sobre o planeta Mercurio! Así que se algún Pondaliñ@ quere traer máis información da que temos nos materiais da aula, estaremos encantados de recibila!  Ademais, o que tamén recibimos foi o soporte dun mapa que Valentina atopou na súa nave espacial... Será o que a axude a volver á Terra? Nós pensamos que si! Só temos un problema... A nosa astronauta favorita só atopou unha peza que, por suposto, xa pegamos no seu lugar correspondente. Tamén estivemos buscando pola clase e polo patio a ver se Tereshkova nos deixara algunha peza máis, pero non atopamos nada. A ver se mañá temos máis sorte... Do mesmo xeito, aproveitamos parte da mañá para rematar os nosos colgantes espaciais! Aquí tedes a 5 Mercurios, 4 Venus e 4...

MANUALIDADES ESPACIAIS!

Imaxe
Ao longo desta semana, entre outras moitas actividades, os Pondaliñ@s de 5 anos fomos realizando diferentes manualidades relacionadas co Universo. Comezamos decorando os 25 foguetes que xa forman parte da nosa porta espacial! Agora entrar na nosa aula é moito máis divertido! Agardamos que vos guste! Esta mañá recordamos as nosas datas de nacemento, e seguindo a táboa que nos trouxo a nosa compañeira Noa, fomos coñecendo cal era o noso astro: Mercurio (Roi, Brais M., Hugo, Daniella e Xabier); Venus (Naia, Alejandro G., Andrea, Aroa P. e Brais P.); Marte (Martina); Saturno (Nizar e Lucas); Urano (Marta); Neptuno (Leila, Noa, Alonso e Alejandro V.); Plutón (Mario, Mariña e Claudia); Sol (Zaira, Lucía e Izan); Lúa (Aroa V.). Logo, decorámolos con algo quen os gusta moito... Pintura e pinceis! Proximamente saberedes que faremos con eles... Neptuno, Marte e Lúa. Plutón e Sol. Venus e Saturno. Mercurio . Ademais, os nenos e a nena que acoden a Atención E...

PSICOMOTRICIDADE ESPACIAL!

Imaxe
Este trimestre, ademais de abordar a temática do Universo na nosa aula, tamén o faremos no pavillón. Durante os próximos meses, a profe Bea coordinarase coas nosas mestras para axudarnos a saber máis do Espazo e así botarnos unha man para salvar a Valentina Tereshkova! Esta mañá participamos en dous xogos súper súper divertidos! O primeiro deles consistía nun circuíto de obstáculos, pero non eran osbtáculos calquera... Tiñamos que esquivar planetas, lúas, estrelas e asteroides para atopar a Plutón, o astro que agora é un planeta anano! No segundo deles, participamos no tradicional xogo do pano. Mais desta vez os Pondaliñ@s non éramos números, senón que éramos o Sol, a Lúa e os planetas. E en vez dun pano, o que tiñamos que facer era correr moito para recoller as pezas dun foguete que se estropeou e que nós mesmos tivemos que reconstruír! Canto nos divertimos! Moitas grazas profe Bea por facernos empezar a semana da mellor maneira posible! Aprendendo máis sobre ...