SAÍDA Á CORUÑA!

No día de hoxe, os Pondaliños realizamos unha nova saída, e unha vez máis visitamos a cidade da Coruña, mais nesta ocasión tocaba visitar Afundación para gozar da exposición "Lugrís, paredes soñadas". Laura foi a encargada de contarnos a historia deste artista e inmiscirnos na busca da Serea Alada, irmá da nosa serea Estela Mares. Ruth mostrounos o abecedario de Urbano Lugrís, e con ela recreamos o noso propio abecé, que nestes momentos xa repousa na nosa aula á espera de ser colgado para poder xogar con el tódolos días!


Despois, trasladámonos á Casa das Ciencias. Subimos e subimos escaleiras, tantas que chegamos á cúpula do edificio, onde se atopa o Planetario. Alí vimos "La niña que sabía caminar al revés". Aquí vos deixamos o inicio desta proxección, mais se a queredes volver a ver de novo, teredes que volver á cidade herculina... Tamén visitamos as plantas inferiores, e alí estivemos explorando...


Máis tarde, as nosas barrigolas comezaron a ruxir a pesar das galletas que tomamos a media mañá, polo que decidimos coñecer o Parque de Santa Margarita, no que comemos os saborosos bocatas que nos prepararon as cociñeiras do noso cole, e de postre, un rico plátano! E para facer a dixestión, nada mellor que xogar no gran parque que alí se atopaba!

E aínda que algúns nos enfadamos porque o estabamos a pasar moi ben, xa era hora de volver a montar no autobús e regresar á escola despois deste día tan xenial!


Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido no día de hoxe:

Comentarios

  1. Non me pode gustar máis a foto de grupo dos nenos de infantil, unha excursión preciosa para os nenos, seguro que o pasaron xenial. Encántame que lle ensinedes tantas cousiñas 😍😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pasárono pipa, hoxe vimos o vídeo na clase e recordaron todo o ocorrido cun gran sorriso! Iso si, o que máis lle gustou foi o parque. Ao mellor temos que iniciar os trámites para construír un en Ponteceso 😂

      Eliminar
  2. vaia escursion mmmass chuliiii, o dia que vaia a reunión enseñarasme como podo facer pa gardar estes videoss !!!,moitas gracia spolo teu esforzó en enseñarnos todo,pois a minn como viñan rendidooos tooodos jijijiji non sabes o ben que lle sentou a siesta jijijiji o ditooo GRACIASSS

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Para min é un pracer subir estas cousiñas ao blog para que poidades ver o que fan os vosos fill@s e tamén saber qué opinades destas actividades!
      Nesta web (https://www.onlinevideoconverter.com/es) podedes descargar os vídeos de Youtube. De tódalas formas, a final de curso fareivos chegar tódalas fotos e tódolos vídeos para que os poidades ter. Aínda teño que buscar a maneira porque teño tanto material que tódalas plataformas se me quedan pequenas de espazo 😅

      Eliminar
  3. Increible todo o que traballaron este trimestre!!👏👏e o moito que aprenderon! Hasta eu aprendo, ahora sei o que é un Umiak e quen e Matisse (eu quedarame en Velazquez 🙄🙄). Gracias Profes e a descansar que toca!!✋🏻

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas, seguiremos aprendendo no próximo trimestre, que seguro que vos sorprenden novamente! 👏👏👏 Felices vacacións para vós tamén! 🐣

      Eliminar
  4. Moi boa saida. Encantoume o de lugris. Habera que volver por libre para que nos ensine ela o aprendido

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu apuntome e vamos comer a un sitio que sei eu que si vas o baño dos homes ves un Lugris 😝😝

      Eliminar
    2. Moitas grazas! Noa e Martina seguro que están máis que encantadas de repetir experiencia! 😊

      Eliminar
  5. Pasano en grande e aprenden un monton unha saida preciosa

    ResponderEliminar

Publicar un comentario