TALLER DE PROFESIÓNS!

Como ben sabedes, os nenos e nenas da aula de 3 anos estamos ansiosos por coñecer a que se dedican as mamás e os papás dos outros Pondaliñ@s, e por este motivo no día de onte enviamos unha nota para informarvos. Estamos moi ilusionados con iso de que as nosas familias veñan á nosa clase!


Parécenos que é unha boa maneira de achegar aos nenos e nenas ao mundo que os rodea, e non hai mellor maneira de facelo que da man de persoas tan importantes como son os seus papás e as súas mamás!

Cada sesión duraría uns 45 minutos, onde despois dunha pequena explicación sobre o oficio correspondente (en que consiste, onde se desenvolve, que utensilios se utilizan, que indumentaria se emprega...), cada familia desenvolvería unha actividade práctica (xogos, representacións, manualidades...) relacionada coa súa profesión.

O horario é flexible, polo que dentro das posibilidades de cada familia, animámosvos a participar nesta actividade tan significativa para as nenas e os nenos! Calquera dúbida ou suxerencia non dubidedes en comentarlla á mestra, ela intentará axudarvos en todo o que poida! Esperamos que moitas desas notas volvan pronto cubertas á aula, esas serán moi boas noticias! Seguimos en contacto!

Comentarios