AÍNDA NADA?
A primavera está en todo o seu esplendor, e durante estas semanas saberemos máis desta estación do ano a través dun conto que Cleo nos emprestou. Titúlase "Aínda nada?", e descubrímolo esta tarde durante a nosa visita semanal á biblioteca.
Gustounos moito, e con el reflexionamos sobre a importancia da paciencia, e tamén da actitude adoptada polo paxaro nesta historia... Ademais, descubrimos os pasos que debemos seguir se queremos obter a nosa propia planta:
Entre todos creamos unha lista con todo aquilo que precisabamos, e deixámola en mans da profe: macetas, terra, sementes, pas, regadeiras, auga... Se mañá chegamos á casa un pouquiño máis manchados do habitual non vos preocupedes, só queremos parecernos ao Señor Luís!
Por certo, tamén descubrimos que este conto tiña canción. Iso si, é en portugués e non comprendemos moito, pero fíxonos moita graza!

- Facemos un buraco na terra.
- Introducimos a semente no buraco.
- Tapamos o buraco e pisamos a terra.
- Coidamos e regamos a nosa semente.
- Esperamos tranquilamente. Xa sabemos, hai que ter paciencia!
Entre todos creamos unha lista con todo aquilo que precisabamos, e deixámola en mans da profe: macetas, terra, sementes, pas, regadeiras, auga... Se mañá chegamos á casa un pouquiño máis manchados do habitual non vos preocupedes, só queremos parecernos ao Señor Luís!
Por certo, tamén descubrimos que este conto tiña canción. Iso si, é en portugués e non comprendemos moito, pero fíxonos moita graza!
Comentarios
Publicar un comentario