UN NOME PARA O NOSO DINOSAURIO!

Despois de tanta espera, o noso ovo abriuse completamente, e de alí saíu un... DINOSAURIO! Grazas a Mario, o noso compañeiro de 1º de Primaria que é un experto nestes animais, descubrimos que era un Estegosaurio que cada día medra e medra máis na súa casiña chea de auga! Proximamente descubriremos o que ocorre cando queda sen ela...

Por suposto, tiñamos que buscarlle un nome, e seis foron as opcións que propuxemos: Beethoven, Arlo, Sara, Rocky, Sky e Chase. Cada un dos Pondaliñ@s contaba cun gomet que debía colocar na gráfica do seu nome preferido. Feito isto, visualmente comparamos as seis gráficas, pero para asegurarnos, entre todos, contamos os gomets que había en cada gráfica, e a nosa encargada Leila encargouse de escribir o número correspondente. Agora si, estabamos máis que seguros que o nome gañador era... CHASE!


Ademais, seguindo con isto das matemáticas divertidas, aproveitamos para mostrarvos un dos xogos que realizamos despois das rutinas diarias. Adaptándonos ao ritmo de aprendizaxe de cada Pondaliñ@, aquí nos podedes ver xogando coas tarxetas numéricas da nosa mascota:

Comentarios

Publicar un comentario