PLANTAMOS XIRASOLES!

Esta mañá, despois do recreo, chegou o momento máis esperado da xornada: A HORA DE PLANTAR!

A mestra cumpriu co prometido, e trouxo todo o que precisabamos para este labor: macetas transparentes (moi útiles para ver que ocorre cos granciños conforme van medrando), terra, auga, utensilios de xardinaría, e o máis importante, unhas sementes que nos regalaron uns amigos moi especiais da profe Rocío. Moitas grazas Revoltiñ@s!

Pasámolo moi ben plantando, e todo ía moi ben ata que vimos aquelas sementes... Moitos dixemos que non eran granciños coma os do Señor Luís, senón que eran pipas de comer! Estas non eran exactamente pipas comestibles, pero descubrimos que as pipas que comemos nas nosas casas veñen dunha planta que se chama... XIRASOL! Durante estes días investigaremos máis sobre eles...

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido esta mañá:


PLANTAMOS XIRASOLES! - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Ademais, aproveitamos para comentarvos que o noso ovo misterioso abriuse un pouquiño máis. Cada vez vemos máis e máis amarelo alí dentro, e estabamos convencidos de que del sairá un poliño, ata que chegou Teacher cunha historia primaveral que fixo que cambiásemos de opinión... Agora estamos convencidos de que deste ovo sairá unha "caterpillar" que se transformará nunha fermosa "butterfly". A ver quen acerta!

Comentarios

  1. A ver se nos vai sair un dinosaurio e temos que montar un parque xurasico

    ResponderEliminar
  2. Que ben esa plantación! Seguro que pronto vedes os resultados!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario