TEO TEN UNHA NOVA CANCIÓN!

Esta mañá, as nenas e o neno que acudimos a Atención Educativa fixémoslle unha visita a Cleo, e coa mestra Rocío descubrimos unha nova historia: "Monstruo triste, monstruo feliz" (Un conto co que o próximo curso profundizaremos no mundo das emocións xunto co noso querido Monstro de Cores)


Despois de falar un pouquiño das emocións que nel se recollen e sobre as situacións nas que as sentimos, tivemos un tempo para ler libremente na biblioteca. A nosa compañeira Iria decantouse por "O monstro de cores" e mentres lía este conto, ensinounos unha canción que inventou na súa casa. Aquí tedes a súa fantástica creación, terémola que aprender na aula:


Ademais, aproveitamos para comentarvos que esta semana tivemos as clases de Relixión e Atención Educativa despois do recreo, porque precisabamos as horas da tarde para ensaiar algo que moi pronto poderedes ver publicado... Faremos un lipdub polo Día das Letras Galegas, e aquí vos deixamos a canción que se escoitará de fondo!

Comentarios