NA BUSCA DO TESOURO PERDIDO...

Esta tarde, moi tranquilos estabamos entrando na nosa clase cando o profe Xalo berrou por nós, xa que no seu despacho aparecera unha carta, e os seus destinatarios eramos os Pondaliñ@s de 3 anos! Alguén nos ofrecía ir na busca dun tesouro, pero para iso tiñamos que responder correctamente a unha serie de preguntas para conseguir novas pistas que nos levasen a un prezado tesouro! Por suposto, non dubidamos en aceptar este reto, e despois de moito buscar, atopámolo... UNHAS CANAS DE ESQUIMÓS E UN MONTÓN DE ANIMAIS MARIÑOS QUE NOS ENCANTARON!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido no día de hoxe:


Pasámolo estupendamente, e este xogo tan divertido axudounos a pechar o noso proxecto sobre os esquimós, recordando de forma lúdica todo o aprendido durante estes meses. Ademais, xogamos a pensar, xa que descifrar esas pistas non era tan doado como parecía; melloramos a nosa orientación espacial, pois practicamente recorremos todo o colexio; practicamos algunha normas sociais cos saúdos e as despedidas, os agradecementos, intentando non facer ruído para non molestar a ninguén...; e moitísimo máis!

Por suposto temos que darlle as grazas a tódolos mestres e alumnos que nos axudaron nesta xincana polar: Mila na aula de 5 anos, Ana na de 4, Meibel e os nenos de 2º, Lara e os de 1º, Luisa e os nenos de 6º na clase de Música, Cleo na Biblioteca, Teacher na aula de Inglés, Pilar na sala de cine, Jose e Enrique polos corredores, Carlos no Pavillón cos nosos compañeiros de 5 anos e ás cociñeiras no comedor. Por suposto, non nos podemos esquecer do profe Xalo, que foi o mellor mestre de cerimonias que puidemos ter para este xogo tan divertido!

Agora, aproveitando que ben pronto chegan as vacacións, non queda máis que pasalo bomba con este xogo esquimó que nos mandaron os nosos amigos do Polo Norte. Como podedes comprobar, detrás de cada animaliño hai un número, polo que entre pesca e pesca podemos ir recoñecendo ou recordando os números que xa coñecemos, pensar cal é maior, cal é menor, coller tantos obxectos como nos indica ese número, construír a serie numérica... Ademais, no próximo trimestre comezaremos con algunha que outra suma sinxela, así que cando controlemos esta operación matemática tamén podemos utilizar os nosos animaliños! E estes só son algúns exemplos, calquera xogo que inventemos nós é completamente válido!

E o que vén a continuación que quede entre nós... A profe Rocío tivo un pequeno percance coas bolsiñas dos animais mariños, así que se a algunha familia lle falta ou sobra algún animal que llo faga saber a través da axenda para poder solventar este erro. Téndela que perdoar que é final de trimestre, ten moito que facer, e vese que se despista con facilidade jejeje

Comentarios

  1. OLA !! encantoume búsqueda do tesourooo ! casi me apunto eu tamen! jijiijii q divertidooooo,e o regalo vaia sorpresonn!! moitisimas gracias professs imoslle sacar moito partido estas vacacions!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos gustase! Eles tamén o disfrutaron un montón! Agora a darlle moito uso a esas canas polares! 🙃

      Eliminar
  2. Fantastica actvidade, das que se recordan moito tempo e moi instructivas

    ResponderEliminar
  3. Sodes geniales unha moi boa maneira de aprender

    ResponderEliminar

Publicar un comentario