TEO VOLVE DA CASA DE... DANIELLA!

Esta fin de semana a nosa mascota máis amorosa pasouna acompañado da nosa compañeira Daniella. Queredes saber que fixeron para pasalo tan ben? Aquí volo contamos:

O venres, despois de toda a semana, chegaron tan cansos á casa que decidiron que o mellor que podían facer era botarse a durmir para coller forzas para os próximos días.

O sábado, almorzaron galletas co papá de Daniella, e Teo tamén coñeceu a tódalas mascotas que ten a nosa compañeira: á cadela Kiara, ao gato Michu, aos paxariños e tamén aos peixiños. Ademais, visitaron a tenda de mascotas para buscarlle aos seus peixes novos compañeiros de peceira!

O domingo, Teo e Daniella recibiron a visita dun gran amigo que todos coñecemos: Fran, o noso compañeiro da aula de 4 anos! E con el estiveron xogando toda a tarde! O que máis lles gustou foron os globos e a tenda de campaña!

O luns, como a nosa mascota aínda estaba na súa casa, Daniella liulle un conto, e tamén lle presentou a outro Teo de cor rosa que ela tiña na súa casa!

Como vedes, foi unha fin de semana moi animada, e á nosa compañeira o que máis lle gustou destes días foi durmir ben abrazada á nosa mascota!

Comentarios