UN OVO MISTERIOSO!

Esta mañá, nada máis entrar na clase, os nosos ollos foron cara a alfombra, pois alí se atopaba un elemento un tanto extraño... Un ovo de cor gris metido nun bote cheo de auga! Que era iso, quen o puxera alí, tiña algo no seu interior? Estas e outras cuestións foron as preguntas que nos formulamos! Do que estabamos seguros é de que ese ovo non era coma os que as madriñas e os padriños nos trouxeron durante as vacacións!


Sentámonos ao seu redor, e en asemblea compartimos todas as nosas hipóteses. Todos estabamos de acordo en que aquilo era un ovo, pero non sabiamos se de galiña, de avestruz, de crocodilo, de tartaruga, de peixe, de caracol... Tamén dixemos que podía ser de can ou de oso panda, pero pronto chegamos á conclusión de que estes animais non poñían ovos. E quen o trouxera? Pois dubidamos de Rocío, de Xalo, de Enrique, dalgúns papás e dalgunhas mamás, de tódolos animais que dixemos... Preguntamos, pero ninguén sabía nada deste ovo! E por que estaba en auga? Para nacer, para beber, para nadar..., non chegamos a un acordo! Iso si, do que estamos máis que seguros é de que pouco a pouco se irá abrindo. Hoxe pola mañá estaba completamente pechado, pero despois de comer xa se abrira un pouquiño e podiamos ver algo de cor amarela no seu interior... Que será? Sabemos que estades tan intrigados coma nós, non lle quitamos ollo de enriba! Seguiremos informando!

Comentarios

  1. jajajjaa,a verdad cando me dixo que iba nacer un cocodrilo pensei....en que lioo se botou Rocio jijijijiipreguntalle a Roi que na nosa casa hoxe están nacendo codornicesss !!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Como vedes, para estes casos o blog é moi útil! 😂 Prometemos que os vosos fill@s non están en perigo, ningún ser vivo sairá dese ovo 😂 E si, mañá preguntarémoslle polas codornices, a ver que nos conta 👏👏👏

      Eliminar
    2. eu estou enganchada o teu blog!!!bicoss

      Eliminar
    3. Non se nota nadiña 😂😂😂 Eu debo confesar que tamén estou un pelín enganchada a subir cousiñas 🙉🙈🙊

      Eliminar
  2. Moi boa idea. Esperemos que agora nos deixen facer tortilla

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non sei, non sei... Están demasiado interesad@s en saber que se esconde no seu interior 😆

      Eliminar

Publicar un comentario