GRAZAS.
Estimadas familias:
Síntoo. Sinto moito que no día de onte, unha vez máis, se lle negase aos
vosos fillos e fillas a posibilidade de ter unha educación integral e de maior
calidade. Síntoo de verdade.
Despois da decisión tomada, como mestra só queda darvos as grazas.
Grazas, moitas grazas a todos os que lle dixestes si á xornada continua.
Grazas, moitas grazas por apoiar unha xornada na que non se producen
interrupcións horarias que prexudican a atención do alumnado e que, sen
ningunha dúbida, favorece que o rendemento intelectual das nenas e dos nenos
sexa maior. Non hai mellor experto que o que pasa cinco horas con eles e elas
nunha aula, e a miña está aberta para quen o queira comprobar.
Grazas, moitas grazas por pensar no seu futuro, por intentar que nos
próximos anos teñan un maior tempo de lecer que permita combinar os tempos de
estudo coas súas actividades extraescolares e o ocio en familia, sen renunciar
a ningunha destas opcións.
Grazas, moitas grazas por intentar garantir a estabilidade do profesorado
no centro.
Finalmente, grazas, moitas grazas á ANPA do CEIP Eduardo Pondal por todo o
traballo realizado, porque a pesar dunha porcentaxe, loitaron polo que queremos
unha gran maioría. E iso quedou demostrado.
Así pois, os vosos pequenos e as vosas pequenas, ademais de sufrir as
consecuencias dun elevado número de alumnado na súa aula, que o próximo curso
seguirá aumentando, tamén teñen que seguir sufrindo un horario que os limita en
moitos aspectos.
Pola miña parte, como adulta e profesional, teño a capacidade de adaptarme
a esta adversidade e, como ata o momento, seguirei poñendo todo o meu esforzo
para que as nenas e os nenos, que son o realmente importante en todo isto,
aprendan a adaptarse do mesmo xeito ao que lles toca vivir, aínda que ninguén
se acordase de pedirlles opinión.
Un saúdo,
Rocío.
E eu,como mama sinto moitoo,moitiisimooo!!,ganou o SIII !!!,Pero por tres votos non se podera levar a cabo....os mas perjudicados ,os nosos pequechosss....
ResponderEliminarNon hai nada que agradecer, fixemolo ou polo menos no meu caso pensando no mellor para os nenos que e o mais importante!
ResponderEliminarEu espero que se siga intentando ,e non deixemos de intentalo por moi dificil que nolo poñan para os do SI, que somos a maioria que non se nos olvide!
Como profesionais seguiremos loitando pola felicidade dos "nos@s nen@s", porque durante uns anos parte da súa vida é nosa e parte da nosa é deles.
ResponderEliminarAs tardes da xornada partida seguirán resultando frustrantes para os pequech@s e para nós como mestr@s, pero coa nosa ansia por buscar o seu crecemento como persoas seguiremos na loita aínda que nos poñan obstáculos a base de mentiras, falsedades, prexuízos,
...
Ánimo a todas as familias do CEIP Eduardo Pondal que cren na educación como arma para que os seus fill@s crezcan e non como un entretemento para que @s nen@s están un número determinado de horas nunha escola.
hola,no Rocio,loitamos polo ben dos nosos nenos,e non olvidedes que a maioria quere o si,ahora preguntome vamos deixae q a terceira nos derrote?,vamos tirar a toalla?,imos decir os nosos nenos q non loitamos por eles?desde cando as victorias son faciles?Non xente ,non vamos caer ahora,92 familias estamos unidase vamos demostrar q os nosos nenos son o mais importante para nosq os seus papas e mamas nunca se rinden polo seu ben,polo seu futuro,q vexan q somos loitadores,Arriba esa AMPA eses PROFES e vamos empezar a preparar as votacions do ano q ven.ARRIBA COÑO E4 PERDON POLO TACO
ResponderEliminarSinto moito.
ResponderEliminarGanou o sí, 92 votos a favor 51 en contra, pero pola lei que establece ese porcentaxe que temos que acadar, non se pode seguir adiante ca xornada única. Unha pena que sentimos moitos. Unha reflexión persoal: se a un adulto lle preguntan, ¿prefires traballar so de mañan ou mañan e tarde? Que contestará? Pois o mesmo que queremos para nós, creo eu que o queremos tamén para os nenos fillos. Os pais que traballamos(no meu caso)non podemos nin levalos o cole nin recollelos, sexa cal sexa o horario que teñan.Buscamos o seu ben ou a nosa comidad??? Tiñamos un bo proxecto,os nenos podían estar no cole moito mais tempo do que están ahora,ir hasta as actividades directamente desde o cole. Só un día chegarían a casa 45 minutos antes, si 45 minutos, se é que non van a ningunha actividad.
ResponderEliminarComo en todo traballo, empleados contentos, clientes contentos, nos colexios pasa o mesmo, mestres contentos nenos moito máis felices.
Como todo en esta vida, todo ten matices e podese mellorar, e cada persoa ten a súa opinión(moitas veces dependendo do momento que lle toca vivir), esta é a miña. Oxála esto non signifique que co tempo perdamos os dereitos que conseguimos, e alguén marque as pautas por nós, sen dar lugar a réplica.
Moito ánimo, Pondaliñ@s!
ResponderEliminarO que teríamos que facer e loitar porque os nosos nenos estén mellor e pa eso fai falta a xornada única . Das tres veces gañou o SI e non podemos deixar de loitar por eles .
ResponderEliminar