TALLER DE PROFESIÓNS: A MAMÁ DE ROI!

Esta semana comezámola con outra destas visitas especiais que tanto nos gustan... Desta vez recibimos á mamá do noso compañeiro Roi, que chegou disposta a contarnos en que consiste a súa profesión: é ama de casa!

Despois das presentacións, Rosario recordou algún dos oficios que desempeñou no pasado, pero sen dúbida, o que máis lle gusta é este. Xunto a ela revivimos como é un día como ama de casa, e démonos conta de todo o que traballa ao longo do día: espertar a Leo e Roi; preparar o almorzo e preparalos a eles para vir ao cole; levalos á parada do autobús; limpar e ordenar a casa; lavar, colgar e planchar a roupa; ir de compras ao supermercado; preparar a comida; encargarse do coidado do invernadoiro e dos animais; recoller a Leo e Roi á volta do colexio, prepararlles a merenda e levalos ás actividades; axudarlles cos deberes e xogar con eles; botarlle unha man coa ducha; preparar a cea; botalos a durmir e ler un conto; coidalos cando están enfermos... E moitísimas moitísimas cousas máis! Como podemos ver nas imaxes, Rosario veu equipada cun mandilón personalizado, onde podemos ler un "AMA DE CASA" ben grande e cuberto de bonequiñas que representan tódolas labores que desempeña ao longo do día. Chulísimo!

E despois das súas explicacións, chegou a parte máis divertida. Xunto a ela coidamos a un bebé, colgamos a roupa, planchamos, limpamos as mesas... Pero aínda había unha sorpresa máis: a mamá de Roi agasallounos a cada un de nós cunhas bonequiñas de fieltro, cada unha delas asociada a unha determinada profesión! E tamén un Teo amoroso que xa descansa na nosa clase coas nosas mascotas de cores! Impresionante!

Iso si, nós tamén tiñamos para ela un agasallo: un diploma onde lle agradecemos a súa visita! E como xa era hora de marchar, despedímonos de Rosario mandándolle moitos bicos e desexando que volvese á nosa aula moi pronto!

Comentarios

  1. eu paseino genial!!!! enccantadisima de pasar con vos a tarde!!!!grandea amose amas de casa van salir de ahí!!! jijijiij

    ResponderEliminar
  2. Amin a boneca que llee regalaches e moi bonita e gustoume en especial porque e perruqueira coma min moitas gracias Rosario. E moitas gracias profe por todo o que fas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Rosario é unha súper artista! 🎨 E o da boneca perruqueira non foi casualidade jejeje 💇 Alegrámonos de que che gustase! 😊

      Eliminar
  3. Grazas polo detalle e pola presentacion. De seguro que ainda che quedaron uns cantos oficios por ensinarlles

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pode volver cando queira a ensinarlle o resto 😂😂😂

      Eliminar

Publicar un comentario