TALLER DE PROFESIÓNS: OS PAPÁS DE XABI!

Na mañá de onte recibimos outra das nosas visitas especiais... Nesta ocasión coñecemos aos papás do noso compañeiro Xabi, que viñeron dende a súa tenda téxtil a explicarnos en que consiste a súa profesión!

Despois de coñecer onde se atopa a súa tenda e o que fan nela, chegou o momento de ensinarnos todo o que traían nas súas grandes bolsas... Con Sandra aprendemos a coser un botón, coñecemos para que se usa a cinta métrica, descubrimos un catálogo téxtil, vimos como se usa unha máquina de costura... Sergio mostrounos as ferramentas que utiliza para colocar as cortinas que cose a mamá de Xabi e ensinounos a colgar unha! Usou un desparafusador, un nivel, un martelo... Ademais, descubrimos que hai moitos tipos de teas e escollemos a nosa favorita!

Xa para rematar, Sandra ensinounos a coser un estoxo de tea, e agasallounos con un para cada un de nós! Menuda sorpresa! Nós tamén tiñamos un regalo para eles, e foi Xabi quen lles entregou aos seus papás o diploma no que lle damos as grazas por ensinarnos tanto sobre o seu oficio! Pasámolo moi ben!

Comentarios