A GALIÑA AZUL!

Esta tarde, na nosa visita semanal á biblioteca, Cleo deixounos unha nova historia, e xunto a ela, unha fotografía...


Descubrimos que o seu nome é Carlos Casares (aínda estamos intentando recordar o apelido!), e é o autor do conto que Cleo nos deixou: "A galiña azul". Gustounos moito esta galiña, xa que é de cor azul, con cinco plumas vermellas na á dereita. Ademais, pon ovos de cores: xa leva dous amarelos, un rosa e tres verdes. E non nos podemos esquecer de que non di "Cacaraca", senón que di "Cocoroco". O que non nos gustou tanto é que lle quixeran facer dano por ser diferente ao resto das galiñas... Menos mal que os veciños do seu dono Lorenzo tiveron unha idea fantástica para que ninguén puidese atrapar a esta galiña tan especial! Preguntádelle por ela aos Pondaliñ@s!


Nos próximos días seguiremos recordando a historia desta galiña de cor azul, e ademais, teremos que recreala con diferentes materiais, xa que algo relacionado co Día das Letras Galegas se está a cociñar na entrada do noso colexio... Moi pronto vos mostraremos o resultado final!

Aproveitamos para recordarvos que seguimos cos ensaios do noso lipdub para o Día das Letras Galegas! Esta semana avanzaremos un pouquiño máis, e para iso necesitamos da vosa colaboración... Mañá enviaremos unha nota, pero xa vos dicimos que precisamos que cada Pondaliñ@ traia un pompeiro co seu nome para facer pompas de xabón! Tan pronto como rematemos coas gravacións, mandarémolo de volta para a casa! Moitas grazas!

Comentarios