OBRA DE TEATRO: "A GALIÑA AZUL"

Esta tarde visitamos o Edificio das Escolas para gozar da representación teatral de "A galiña azul", un gran espectáculo que nos ofreceron os nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro de Ponteceso. Entre as actrices e os actores atopábanse moitos coñecidos, como Dani, Nerea ou Grecia, da clase de 5 anos, e tamén Sabela, a irmá do noso compañeiro Alonso.

Ademais, tres de nós tamén participamos na obra de teatro: Brais Pérez transformouse en Moncho, o porquiño de Lorena, a dona da galiña azul, e Lucía e Zaira foron Pili e Mili, as súas ovelliñas. Estaban moi guapos cos seus sombreiros de animais!



Gustounos moito recordar esta historia de Carlos Casares, a mesma coa que estivemos traballando fai unhas semanas para conmemorar o Día das Letras Galegas. Aquí vos deixamos un vídeo dos momentos finais, onde lle aplaudimos aos nosos compañeiros e compañeiras pola súa fantástica actuación!

Comentarios