TALLER DE PROFESIÓNS: OS PAPÁS DE MARTINA!

Esta tarde contamos na nosa aula cunha visita moi especial! Hoxe recibimos á mamá e ao papá da nosa compañeira Martina, que viñeron contarnos en que consiste a súa profesión...

Sandra, a súa mamá, é cociñeira nun colexio da zona e faille a comida tódolos días a nenos e nenas coma nós. Chegou cargada cuns maletíns cheos de utensilios de cociña: coitelos, batedores, roletes, espátulas, pinceis, peladores, moldes... e explicounos para que os usaba. Tamén descubrimos o que tivo que estudar para ser cociñeira, en que consistía a súa vestimenta de traballo, os pratos que cociñaba no comedor... Logo, chegou o momento que máis nos gustou: encher as nosas barrigolas! Primeiramente, probamos unhas trufas de chocolate que decoramos con algúns toppings (ata nos dou a receita!), e de seguido, aprendemos a usar os moldes para degustar unha saborosa xelatina de cores. Iso si, aínda que hoxe tocaron pratos doces, a mamá de Martina recordounos que debiamos comer de todo e intentar probar aquilo que non nos guste demasiado!


Rafa, o seu papá, é carpinteiro metálico nunha empresa que se atopa moi preto da nosa escola. O primeiro que fixo foi poñer a súa funda de traballo, xa que nos ensinou a montar unha fiestra! Explicounos o importante que era o martelo, o desaparafusador e a pistola de silicona para o seu traballo, pero sen dúbida o que máis nos gustou foi o taladro! Despois de montala, deixounos quitar o plástico que a recobre e tamén decidimos que era un bo momento para entrar e saír da fiestra!

Xa para rematar, Martina foi a encargada de entregarlles aos seus papás un diploma de parte dos profes e de tódolos Pondaliñ@s para agradecerlle a súa visita! E como xa era hora de marchar, despedímonos de Sandra e Rafa mandándolle moitos bicos e dándolle as grazas por vir e por ensinarnos tanto sobre os seus oficios! 

Penso que nos gustou moito isto de que veñan os papás e ás mamás á nosa aula... Teremos que ir pensando nalgunha idea para o próximo curso!

Comentarios

  1. Espectacular actividade e grazas coma sempre por ser os nosos ollos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas, alegrámonos de que vos gustase. Esperámosvos nuns días!

      Eliminar
  2. Unha actividad super enriquecedora tanto para os nenos como para nos os papas!!👏👏👏un gustazo grazas profes!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é que si, moitísimas grazas por vir e ensinarnos tanto sobre as vosas profesións!

      Eliminar

Publicar un comentario