CONVIVENCIA EN VALARÉS!
No día de hoxe celebramos a tradicional convivencia do CEIP Eduardo Pondal na praia de Valarés! Cando cheguemos a 3º de Educación Primaria poderemos ir camiñando desde o colexio, pero polo momento toca montarnos en autobús! Nada máis chegar untámonos de crema protectora e xogamos cos nosos compañeiros e compañeiras no piñeiral, lugar no que tamén comemos os nosos bocatas e as nosas froitas. Logo, baixamos ao areal e alí estivemos xogando con tódolos cachivaches que usamos no noso areeiro.
A maioría de nós volvemos ás nosas casas sendo croquetas de area, e iso só pode significar que o pasamos estupendamente ben! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido neste día de praia:
A maioría de nós volvemos ás nosas casas sendo croquetas de area, e iso só pode significar que o pasamos estupendamente ben! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do ocorrido neste día de praia:
Que bonito e ver os nenos pasalo tan ben
ResponderEliminarSi 😊
Eliminar😍😍😍😍pasarono de maravilla, gracias por levalos😘😘
ResponderEliminarA verdade é que si! 🙂
EliminarQue maravilla disfrutar así dun día cos compis
ResponderEliminarSi 😀
Eliminar