TALLER DE PROFESIÓNS: O PAPÁ DE AROA!
Esta tarde recibimos outra desas visitas especiais que tanto nos gustan... Nesta ocasión coñecemos a Luis, o papá da nosa compañeira Aroa Penedo. El forma parte do GES, o Grupo de Emerxencias Supramunicipais, e a súa función é atender as emerxencias que xorden nos concellos de Ponteceso, Cabana, Laxe, Malpica e Coristanco. Para notificalas, é preciso chamar a un número de teléfono que xa recordamos: 112.
Entre as emerxencias que atende atopámonos cos incendios, coas inundacións ou cos accidentes de tráfico. Esta tarde aprendemos que no caso de presenciar un incendio, debemos escapar rapidamente das chamas, e se xa todo está cheo de fume, debemos facelo a gatas para non respiralo, buscando a porta máis cercana. No caso das inundacións, eles encárganse de facer desaparecer a auga, e tamén nos axudan a saír das nosas casas se esta está moi alta. Así mesmo, excarcérannos do noso coche no caso de sufrir un accidente.
Para desenvolver o seu traballo necesita unha vestimenta segura que o protexa: botas, pantalóns, chaqueta, luvas, casco... Iso si, a súa vestimenta cambia cando se encarga de quitar as colmeas da vespa velutina, xa que precisa dun traxe especial de cor branco que recubre todo o seu corpo, para así evitar as picaduras destas avespas asiáticas.
Tamén descubrimos que son 12 compañeiros, e falounos dunha moi especial: chámase Isabel, e é a única muller que traballa no GES. Non sabemos por que só hai unha muller, pero falando entre nós chegamos á conclusión de que tanto homes coma mulleres poden desempeñar este oficio. E para comunicarse con eles, Luis usa un walkie-talkie que nos deixou probar!
Como xa era o momento de rematar esta sesión, Luis agasallounos cuns lapis de Chase, o bombeiro da Patrulla Canina, xa que igual que o papá de Aroa, os dous se encargan de apagar incendios. Pola nosa parte, a nosa compañeira entregoulle un diploma no que lle damos as grazas por ensinarnos tanto sobre a súa profesión!

De parte de luis moitas gracias veu encantado e que son uns nenos moi boiños.
ResponderEliminarAlegrámonos de que estivese cómodo! Aos Pondaliñ@s tamén lles gustou moito! 😊
Eliminar