SUPERANIVERSARIOS DE MAIO!

No día de hoxe estivemos de celebración! Brais P., Aroa P., Naia, Alejandro G. e Brais M. fixéronse maiores e xa cumpriron 6 anos. Aquí os tedes no noso marco dos aniversarios!







Sen dubidalo, enfundaron as súas capas de "Supercumpleañer@s nº6"!


Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos aos nosos compañeir@s, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!



Así mesmo, tamén lles fixemos uns bonitos agasallos... Uns grandes libros de debuxos para os nosos compañeir@s!








Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres os nosos amigos sopraban as súas velas de aniversario!


Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate!


Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixeron compartir este momento Melania e Olalla, a mamá e a irmá de Brais P.; Mª Carmen e Luis, a mamá e o papá de Aroa P.; Sandra, a mamá de Naia; Jeannie, Sophía e Jesús, a mamá e os irmáns de Alejandro G.; e Bea e José Andrés, a mamá e o papá de Brais M.! Moitas grazas por vir!






MOITOS SUPERPARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!

Comentarios

Publicar un comentario