DÍA DO PAI 2018!
Hoxe conmemórase o Día do Pai, e os Pondaliñ@s de 4 anos quixemos ter un pequeno detalle cos nosos papás que tanto nos queren e aos que tanto queremos! Durante estes días estivemos decorando os nosos lenzos para así crear unhas coloridas alfombras para o rato dos seus ordenadores, mais algúns Pondaliñ@s decidiron que lles gustaría máis ver as súas obras de arte colgadas nas paredes das súas casas coma un cadro... Calquera das opcións é válida, así que xa nos contaredes que ocorreu en cada fogar! Ademais, creamos unha tarxeta na que despois de anunciar que o noso é o mellor papá do mundo, tamén nos debuxamos xunto a el. Aquí nos tedes aos 24 Pondaliñ@s mostrando orgullosas e orgullosos os agasallos para os nosos pais!
Feliz día papás! Agardamos que vos gustasen os nosos detalliños! Querémosvos moitísimo!
Andrea veu super contenta co seu detalle. O seu papa gustoulle moitisimo. A verdad e q ta super chulo. O noso cuadro vaise poñer colgado na parede.
ResponderEliminarQue ben, alegrámonos moito 😊
EliminarDe parte do papa de Roi moitiisimas gracias polo detalle !!,viña tan emocionado pa darllo !! estes momentos son irrepetibles...!!!e xa o esta uando de alfombrilla do rato jijijij
ResponderEliminarSi, a verdade é que iban tod@s emocionadísim@s co seu regaliño para os papás! Alegrámonos moito de que lle gustase e que xa o estea usando 😊
EliminarAlejandro esta esperando con ansia a que chegue o papa de viaxe para poder darlle o seu regaliño e que decida onde o quere poñer
ResponderEliminarSi, xa nos contou el 😉 Esperemos que ao papá lle encante! 😍
EliminarHugo aguantouse todo o finde semana sen decirlle o que era, porque o viernes xa veu decindo que lle fixera un regalo a papi!!
ResponderEliminarE onte xa queria abrilo no coche antes de chegar a casa!!! Jajajjajajjaja
Por certo, o pai encantoulle!! 😍😍😍
Jajajaja, mira que iban avisad@s, pero xa sabía eu que algún escape íbamos ter 😆😆😆 Alegrámonos de que lle gustase ao papá! 😊
Eliminar