SEMANA DO SAMAÍN: POEMAS E CURTAS DE TERROR!

No último día desta semana de Samaín recibimos a visita dos alumnos e alumnas de 4ºA, que acompañados da profe Luisa recitáronnos uns poemiñas de Samaín! Para agradecerlles a visita, nós agasallámolos cun colgador terrorífico para a porta da súa aula. Ademais, tamén decoramos outros moito máis personalizados co nome de cada neno e cada nena para que os puidesen levar para as súas casas e colgalos na porta do seu cuarto! Gustaríanlles? Nós pensamos que si!



Xa pola tarde, visitamos a aula de cine, onde acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos e unhas pouquiñas chuches vimos diferentes curtas de terror: Mickey MouseFiz, o coleccionista de medos; A pota que trota; Os sete cabritosA bruxa regañadentes...


Ademais, antes de todo isto, a primeira hora da mañá, realizamos as rutinas do encargado ou encargada. A nosa de hoxe foi Zaira, e ela estreou a nosa casiña de descomposición numérica. Por agora realizamos esta nova tarefa na alfombra con material manipulable, pasando os resultados ao noso pequeno encerado, pero tan pronto como vaiamos controlando este proceso, unha casiña de descomposición terá un oco especial na parede das rutinas. Tendo en conta o noso calendario, hoxe descompuxemos o número 3 e descubrimos que para chegar a el podemos realizar ata catro sumas diferentes: 0+3, 1+2, 2+1 e 3+0. Aínda nos custa un pouquiño entender este proceso, pero tódolos días iremos descompoñendo un número diferente para que paulatinamente poidamos comprendelo. Sen présa, pero sen pausa!

Comentarios

  1. seguro que foron todos contentos co regaliño! q suerte!!!vaia semana terrorífica ehhh!!!,Roi xa empeza a descomponer os números,cas salchichas do plato,con canicas ou calquera cousiña lle vale!!! jijiji maneiras divertidas de aprender

    ResponderEliminar
  2. Seguramente que foron todos contentos pa casa co seu regalo. Andrea quere practicar seguido cos numeros todos os dias despois da escola. Bonita maneira de aprender.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario