Publicacións

NAVES E ASTRONAUTAS!

Imaxe
Como ben sabedes, antes de irnos de ponte recibimos unha mensaxe de Valentina Tereshkova na que nos pedía que investigásemos máis sobre a súa profesión. Así o fixemos, e despois de coñecer algúns requisitos para ser astronauta, identificar as partes do seu traxe espacial ou descubrir ao primeiro astronauta español, esta mañá volvemos a recibir unha nova mensaxe. Queredes saber que dicía? Aquí vola deixamos: Como vedes, a nosa nova misión é adentrarnos no mundo dos foguetes e das naves espaciais. Así pois, puxémonos mans á obra e buscamos entre os libros da biblioteca aqueles que falasen sobre estes medios de transporte, e vimos algún que outro vídeo para aprender un chisquiño máis. Este foi o que máis nos gustou, por se nos apetece volvelo a ver nas nosas casas: Para saber máis, en Psicomotricidade realizamos uns xogos acordes co reto desta semana. Mirade canto aprendemos e canto nos divertimos no pavillón:

DESEXOS DE NADAL!

Imaxe
O Nadal, unha das nosas festividades favoritas, está a piques de comezar, e algo que non pode faltar nestas datas é unha árbore cheíña de decoración. Para este Nadal, a nosa árbore conta cunhas bólas decoradas nas que tódolos nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal escribimos os nosos desexos.  Por suposto, os Pondaliñ@s de 5 anos tamén creamos as nosas. Antes de nada, reunímonos en asemblea e reflexionamos sobre o afortunados e afortunadas que somos, e pensamos no que poderían desexar todas aquelas persoas que teñen moito menos do que nós temos. Así pois, pouco a pouco e axudándonos no vídeo que realizamos para conmemorar o 'Día Universal da Infancia' , fomos recollendo un e mil desexos que xa forman parte da nosa árbore de Nadal. Oxalá algún día non sexa necesario desexar nada disto...  Neste Nadal os Pondaliñ@s de 5 anos desexamos... Boa vida no mundo; Agasallos para todo o mundo; Traballo para todo o mundo; Familia para todo o mundo. Escolas en todo o mundo; ...

APRENDEMOS MÁIS SOBRE AS CONSTELACIÓNS!

Imaxe
Recordades que a semana pasada Valentina Tereshkova nos deixou unha nova misión para esta semana? Un dos seus retos era aprender máis sobre as constelacións, así que nos puxemos mans á obra e mirade todo o que estivemos a facer estes días... O Señor do Tempo deixounos "A caixa das constelacións de 5 anos" que, por suposto, contiña varias constelacións: Osa Maior, Osa Menor, Orión, Casiopea e Hidra. Todas elas teñen peculiaridades que nos chamaron a atención... Hidra é a máis grande das 88 constelacións que se coñecen. Casiopea ten forma de "M" ou "W", dependendo por onde a mires. Orión é o guerreiro e o seu arco lévanos á Osa Maior. Así pois, se seguimos en liña recta unha das estrelas da Osa Maior lévanos á estrela máis importante do firmamento, a Estrela Polar, que se atopa no extremo da Osa Menor. Coa lanterna que se atopaba dentro da caixa puidémolas proxectar no teito da nosa aula, e tamén as puidemos coser cun divertido xogo na que empregamos lá ...

NOVIDADES ESPACIAIS!

Imaxe
Esta mañá recibimos unha nova visita de Valentina Tereshkova! Como Neptuno é o último planeta do Sistema Solar, pensabamos que a nosa astronauta favorita non tiña máis retos para nós, pero isto non era así... Esta semana espéranos o Sol e as constelacións, e para saber máis dos conxuntos de estrelas contaremos coa colaboración dunhas persoas moi especiais... Queredes saber todo o que nos contou? Pois aquí vos deixamos a súa mensaxe!  Hoxe xa nos puxemos mans á obra e estivemos enredando co Sol, iso si, estivemos aprendendo máis sobre a nosa estrela a media mañá, pois as primeiras horas dedicámolas a falar e a explicar tódalas novas espaciais que trouxemos os Pondaliñ@s. Algunhas noticias non as coñecía nin a profe! Comezou Martina falándonos da recente aterrizaxe dunha nave no seu planeta: en Marte! Por suposto, buscamos información sobre este feito e estivemos vendo as primeiras imaxes que tomou este artiluxio. Seguiremos atentamente o seu camiño, vai estar 2 anos no plan...

VALENTINA TERESHKOVA VISÍTANOS DE NOVO!

Imaxe
No día de hoxe a primeira muller astronauta volveu á nosa aula, e como non podía ser doutra maneira, Valentina Tereshkova deixounos unha nova misión: aprender máis sobre o último dos planetas do Sistema Solar. Claro, desta vez tocaba coñecer os segredos de Neptuno! Aquí vos deixamos o vídeo que nos enviou: Coma tódalas semanas, para seguir avanzando na nosa aventura espacial, a profe Bea preparounos uns divertidos xogos na clase de Psicomotricidade para coñecer un pouquiño máis de Urano e Neptuno. Mirade como nos divertimos e canto aprendemos:

#EQUALITER: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Imaxe
Aquí vos deixamos a iniciativa na que participamos xunto a outros moitos centros de toda Galicia. No CEIP Eduardo Pondal tamén rexeitamos a violencia!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Imaxe
Dende que iniciamos a nosa andaina nesta escola intentamos inculcar a idea de que a pesar das nosas diferenzas, todas e todos debemos ter os mesmos dereitos e tratarnos en igualdade de condicións. Fixémolo a través de diferentes iniciativas coma os contacontos e dramatizacións, a creación dun catálogo de xoguetes igualitario ou a introdución de mulleres como Valentina Tereshkova como guías e protagonistas dos nosos proxectos. P ero sobre todo, intentámolo facer cada día, resolvendo os múltiples conflitos que se xeneran en relación con isto, xa que é nesta idade cando se comezan a afianzar eses estereotipos sexistas que para nada axudan a lograr o mundo ao que un día aspirou a filósofa e activista Rosa Luxemburgo coa súa célebre cita: "Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres". As nenas e nenos son o noso futuro, e só a través da educación conxunta e colaborativa de familias, escolas e sociedade poderemos transformar este mun...