DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!
Dende que iniciamos a nosa andaina nesta escola intentamos inculcar a idea de que a pesar das nosas diferenzas, todas e todos debemos ter os mesmos dereitos e tratarnos en igualdade de condicións.
Fixémolo a través de diferentes iniciativas coma os contacontos e dramatizacións, a creación dun catálogo de xoguetes igualitario ou a introdución de mulleres como Valentina Tereshkova como guías e protagonistas dos nosos proxectos. Pero sobre todo, intentámolo facer cada día, resolvendo os múltiples conflitos que se xeneran en relación con isto, xa que é nesta idade cando se comezan a afianzar eses estereotipos sexistas que para nada axudan a lograr o mundo ao que un día aspirou a filósofa e activista Rosa Luxemburgo coa súa célebre cita: "Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres".
As nenas e nenos son o noso futuro, e só a través da educación conxunta e colaborativa de familias, escolas e sociedade poderemos transformar este mundo no que vivimos e que tantos cambios necesita...
No día de hoxe conmemórase o 'Día Internacional contra a Violencia de Xénero', e como xa sabedes, dende o CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso participamos nunha iniciativa a nivel Galicia co fin de dar visibilidade á necesidade de realizar o cambio do que viñemos falando.
Todo o alumnado do noso colexio deixou a súa pegada para desta maneira rexeitar a violencia de xénero, a nosa compañeira Martina puxo a voz en off deixando moi claro que na nosa escola a rexeitamos, e as nenas e nenos de 6º alzaron a súa voz para berrar o lema deste ano: "Loitaremos por vivir sen medo. E nós loitaremos ao voso carón".
Aquí vos deixamos o vídeo proposto polo noso colexio. Nos vindeiros días compartiremos tamén con vós o vídeo completo xunto ás mensaxes lanzadas polas demais escolas participantes:
Ademais, desde a Fundación Eduardo Pondal lanzouse este cartaz alusivo ao día de hoxe e que tan ben se relaciona coa temática do noso proxecto. Algo teremos que facer con el, xa vos contaremos...

E, sobre todo, oxalá fose este o ano no que esta conmemoración desaparecese para sempre.
Ojala logremos cambiar un pouquiño esta sociedad con estes pequenos luchadores
ResponderEliminarOxalá que si 🤞 A educación sempre será a arma máis poderosa para cambiar o mundo ☺
EliminarPois si,cando chega Roi e contoume o que lle debestes estar contando..por que hai nenos que non teñen dereitoa un medico...deixoume sin saber que lle contestar..asique hai que empezar de moi pequeniños e a educación e o primeiro polo que empezare
ResponderEliminarForon moitas conmemoracións xuntas e creo que enleou o Día da Infancia co Día contra a Violencia de Xénero 😅 Pero todo é cuestión de dereitos e respecto, e si, hai que empezar desde pequeniñ@s para que logo non pasen as cousas que están a pasar 😞😞😞
Eliminar