NOVIDADES ESPACIAIS!
Esta mañá recibimos unha nova visita de Valentina Tereshkova! Como Neptuno é o último planeta do Sistema Solar, pensabamos que a nosa astronauta favorita non tiña máis retos para nós, pero isto non era así... Esta semana espéranos o Sol e as constelacións, e para saber máis dos conxuntos de estrelas contaremos coa colaboración dunhas persoas moi especiais... Queredes saber todo o que nos contou? Pois aquí vos deixamos a súa mensaxe!
Hoxe xa nos puxemos mans á obra e estivemos enredando co Sol, iso si, estivemos aprendendo máis sobre a nosa estrela a media mañá, pois as primeiras horas dedicámolas a falar e a explicar tódalas novas espaciais que trouxemos os Pondaliñ@s. Algunhas noticias non as coñecía nin a profe!
Comezou Martina falándonos da recente aterrizaxe dunha nave no seu planeta: en Marte! Por suposto, buscamos información sobre este feito e estivemos vendo as primeiras imaxes que tomou este artiluxio. Seguiremos atentamente o seu camiño, vai estar 2 anos no planeta vermello! Aquí vos deixamos os vídeos que estivemos vendo hoxe:
A nosa compañeira chegou moi informada e falounos tamén do descubrimento da "Superterra", un planeta situado fóra do Sistema Solar, catro veces máis grande que o noso e que xira arredor da estrela de Barnard. É un planeta moi frío que probablemente estea cuberto por unha capa de xeo. Aquí vos deixamos un vídeo que o corrobora:
E seguindo cos descubrimentos, o noso compañeiro Roi animouse a falarnos da existencia dun planeta chamado "Duende", que en realidade é un planeta anano que se sitúa moito máis alá de Plutón. Intentou contarnos que asociado a este planeta había outro máis grande, pero non recordaba o nome. Decidimos buscar información e descubrimos que os científicos lle chamaban o planeta "X" ou "9", un gran planeta situado no Sistema Solar e polo momento invisible, pero que os astrónomos consideran que existe porque exerce unha atración sobre o planeta "Duende" grazas á súa gran forza de gravidade. Aquí tedes un dos vídeos explicativos que estivemos vendo:
E vós familias... Coñecíades todos estes descubrimentos? Estamos feitas unhas expertas e uns expertos espaciais!
Ademais, aproveitamos para contarvos que na web do colexio xa está dispoñible un vídeo-resumo do que foi o Samaín e o Magosto na nosa escola. A ver se nos atopades entre tanta imaxe... Agardamos que vos guste!

Eu desde logo non estaba tan informada xa me contou alejandro o do planeta x
ResponderEliminarDannos mil voltas estes Pondaliñ@s! 😅
EliminarjajajA pois o proxim planeta descubrirao Roi seguro seguro11 que teño un gran problema pidelle o reyes magos un cohete pero de verdad,intentei buscar algún de xoguete e que nooooo que se non e un cohete de verdad nonquere nadaaaa ,este quere ir vivir o Duende e ala jijijii
ResponderEliminarJajajajaja, este Roi éche moito Roi! 😂 Me parece a min que os Reis Magos vano a ter un pelín complicado, a ver se consiguen amañar algo 😛
Eliminar