CONCERTO DIDÁCTICO!
Esta mañá visitamos a cidade da Coruña para gozar dun concerto didáctico que o grupo de corda "Arcos Iris" nos regalou no Pazo da Ópera. Por suposto, temos que darlle as grazas á profe Luisa, xa que foi ela quen nolo conseguiu!
Nada máis chegar coñecemos aos seus integrantes e os instrumentos que tocaban: Dorothea Nicholas e Enrique Iglesias encargábanse dos violíns; Alison Dalglish da viola; Rosalía Vázquez do violonchelo; e Todd Williamson do contrabaixo. Con eles recordamos que son as emocións e cales coñecemos, e aprendemos que a música nos pode transmitir moitas delas: alegría, tristeza, enfado, medo... Pasamos unha mañá moi agradable escoitando obras de Vivaldi, Chaikovski, Brahms ou Offenbach, entre outros.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo do vivido:

Que concertó mais chuli!!!e como bailaban eses nenos!!! gracias Mestres por levaloss
ResponderEliminarNós encantados de facelo, e para eles unha experiencia positiva máis! E como se porten igual de ben que onte, facemos unha por semana como mínimo 😜
EliminarPasano en grande moito lle gustan estas saidas
ResponderEliminarÉ unha forma de aprender diferente! Nunhas semanas toca a de final de trimestre, xa vos informaremos, pero seguro que lles encanta 🤗
EliminarA musica sempre cerca. Grazas
ResponderEliminarClaro que si! Nós encantados de realizar este tipo de actividades con eles 🎶
Eliminar