"O ESQUIMÓ" DE MATISSE!

No día de hoxe coñecemos unha das moitas obras de Henri Matisse: "O esquimó". Nun principio só viamos terra, alfombras, pedras, follas... Pero cando a mestra nos informou do título deste cadro, fomos asociando algúns elementos co mundo polar: o branco da neve, o azul do mar, o rosa das auroras boreais, o amarelo da terra que aparece cando a neve se derrete, as plantas que alí medran...


E aínda que Matisse creou esta obra cos seus pinceis e as súas pinturas, os Pondaliñ@s recreámola a través do collage, coma se este cadro fose un quebracabezas, peciña a peciña. Primeiro o rectángulo amarelo, logo o violeta, seguidamente o cadrado rosa e por último a cara do esquimó. Iso si, aínda nos quedaba debuxar as follas, non nos podiamos esquecer delas. Aquí nos tendes co profe Xalo, que nos estivo botando unha man nesta tarefa!


Queredes ver o resultado final? Aquí nos tendes coas nosas obras de arte! Que vos parecen?

Comentarios

  1. Que artistazos!!👏👏

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Fixérono xenial e crearon uns cadros moi chulos! 🙌

      Eliminar
  2. chulis chulisss!!! canto artista vexo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Quedaron moi ben, nuns días xa os tendes na casa e podédelos expoñer 👏👏👏

      Eliminar

Publicar un comentario