TEO VOLVE DA CASA DE... ZAIRA!

A nosa mascota máis alegre xa está de volta na escola, e veu disposta a contarnos tódalas aventuras vividas durante esta fin de semana na casa da nosa compañeira Zaira!

O venres, nada máis baixar do autobús das vacas, visitaron a horta da nosa compañeira, onde estiveron recollendo flores, xogando cos canciños Rosco e Rex, saltando na cama elástica... Despois de merendar, montaron no patinete para visitar a Hugo e Xoel, uns amigos de Zaira cos que estiveron xogando o resto da tarde.

O sábado, despois de almorzar, Teo axudoulle a Zaira a decorar a careta que usará na obra de "Monkey and me". Cando remataron, decidiron descansar vendo debuxos animados no ordenador, e logo seguiron xogando con tódolos xogos que ten a nosa compañeira. Pola tarde, Teo coñeceu á curmá Noelia, e logo foron ata Coruña para visitar o Centro Comercial Marineda, onde traballa a curmá Carlota.

O domingo almorzaron co papá de Zaira, e coas pilas ben cargadas decidiron divertirse no parque de bólas de Laxe. Pola tarde, despois de recollerlle os ovos ás galiñas, visitaron Arteixo para ver ao tío Carlos, ás tías Luisa e Tania, á curmá Laura e tamén ao canciño Reno. Todos xuntos foron tomar un café, aínda que Zaira e Teo preferiron un rico zume!

Como vedes, foi unha fin de semana moi divertida, e o que máis lle gustou á nosa compañeira foi xogar ás pompas con Hugo e Xoel.

Comentarios

Publicar un comentario