TEO VOLVE DA CASA DE... NAIA!

A nosa mascota máis amorosa xa está de volta na escola! Queredes saber o que ocorreu durante esta fin de semana? Agora mesmo volo contamos!

O venres, nada máis baixar dos autobús das xirafas, montou no coche da nosa compañeira Naia, e con ela acudiu ás clases de patinaxe! Por suposto, sempre co cinturón de seguridade ben colocado! Despois de tanto deporte, tocou visitar aos seus avós, Antonio e María. E despois desta tarde tan movida, unha gran recompensa: pizza para cear! Iso si, Teo, Naia e a súa irmá Alejandra aínda tiveron tempo para colorear antes de quedar durmidos ben abrazados!

O sábado dedicárono a xogar: coas construcións, cos patíns, a montar nun cabalo e nunha moto, a ser doutor e doutora, ás cárceres, no parque... Canta diversión!

O domingo puxéronse ben guapos para comer na casa dos avós. Alí xa os estaban esperando Noa, a curmá da nosa compañeira, xunto coa súa cadeliña Bimba cos que estiveron xogando toda a tarde.

Como vedes, foi unha fin de semana fantástica, e a Naia o que máis lle gustou foi xogar con Teo, Alejandra, Noa e Bimba!

Comentarios