RECICLAMOS CON SOGAMA!

No día de onte recibimos unha visita moi especial. Foi a de Mayra, unha enxeñeira que colabora con SOGAMA, a Sociedade Galega do Medio Ambiente, que nos axudou a seguir aprendendo sobre isto da reciclaxe.

Primeiro, observamos os residuos que ela sacaba de dúas papeleiras, unha de cor azul e outra de cor amarela. Logo, os Pondaliñ@s que se presentaron voluntarios, axudáronlle a introducilos no colector correspondente. Feito isto, axudámoslle a Álex (un neno que vimos nun vídeo) a reciclar todo o lixo que tiña na súa casa despois da súa festa de aniversario. Finalmente, Mayra regalounos uns pequenos cadernos sobre a reciclaxe. Moitas grazas pola visita! Seguiremos os teus consellos para seguir coidando o medio ambiente!

Comentarios