RECREAMOS A SANDWINA!

Esta tarde, por fin creamos o retrato de Sandwina con todo o material de refugallo que trouxemos das nosas casas.

Primeiro, escoitamos á profe e a Brian, o encargado de 5 anos, cos que volvemos a falar da muller máis forte do mundo e os que nos explicaron que íamos a facer con todos aqueles elementos.

Cando xa tiñamos todo máis que claro organizámonos por grupos, e as mestras Ana e Rocío fóronnos chamando para completar o noso collage. Mentres, os demais Pondaliñ@s xogabamos no patio cos profes Xalo e Carlos.

Así nos dividimos as tarefas na aula de 3 anos:

  • O equipo amarelo decorou unha bóla da pesa de Sandwina, e para iso escolleron botóns e cachiños de papel.
  • O equipo verde decorou a outra bóla, elixindo difirentes tapóns de botellas.
  • O equipo vermello decorou a barra da pesa da nosa muller forzuda, para o que escolleron palliñas de cores.
  • O equipo azul pegou a cara de Sandwina e colocoulle os ollos, para o que usaron dous botes de iogur, uns pompóns para darlle cor e uns cordóns para as cellas.

Aquí vos deixamos o proceso:


E aquí o resultado final:





Despois de nós, os nenos e nenas de 4 anos encargáronse de decorar o cabelo de Sandwina con diferentes teas e cordóns. Tamén escolleron o nariz, a boca e as orellas, para o que usaron diferentes elementos da natureza: unha piña, unha póla e un par de follas. Seguidamente, un grupo de 5 anos encargouse de decorar a camiseta da nosa muller forzuda con diferentes teas de moitas cores e estampados. Hoxe non fomos quen de rematar o noso retrato, pero mañá continuaremos. Xa vos informaremos do resultado final, polo momento así nos quedou... Que vos parece?

Comentarios

  1. Chulisimooo!! pa exponer nun museo jijijii

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A profe Rocío descubriu que na páxina web de Hanoch Piven hai un pequeno "museo virtual" dedicado ás creacións dos nen@s. Cando rematemos a nosa forzuda xa lla enviaremos jijiji
      PD: Estivemos un pouquiño atarefados e non puidemos explicar as aventuras de Teo na casa de Roi. Mañá despois das rutinas farémolo sen falta 🙊

      Eliminar
    2. ahh que guaiii !! q boa ideaaaaa !! nada non te preocupes,sen presaaa..

      Eliminar
  2. Que ben o pasan os nosos nenos!!! 😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Para iso veñen, para aprender mentres o pasan ben. É o máis importante 😊

      Eliminar

Publicar un comentario