TEO VOLVE DA CASA DE... XABI!

Despois de pasar estas vacacións de Entroido na casa do noso compañeiro Xabier, a nosa mascota de cor verde xa se atopa novamente na aula. Por suposto, ningún dos dous se esqueceu de contarnos todo o que viviron durante esta fin de semana tan longa...

O xoves, nada máis chegar, Teo e Xabi foron á tenda da súa mamá e alí estiveron vendo un montón de teas de Entroido. Logo, aproveitaron para merendar e xogar un pouquiño máis ata que foi hora de ir para a casiña, onde se ducharon, cearon e prepararon o disfrace de pallasete antes de ir para a cama.

O venres, despois do cole, a súa curmá Noa leulles o conto de "O monstro de cores", e pola tarde Teo e Xabi xogaron co seu papá e con tódolos xoguetes do noso compañeiro. Máis tarde visitaron novamente a tenda da súa mamá.

O sábado, Xabi e a nosa mascota foron co seu papá tomar un pincho de tortilla ao bar de Iván antes de comer coa avoa Maruja.

O domingo, o noso compañeiro disfrazouse de Spiderman e visitou o Polideportivo de Ponteceso, onde xogou cos seus amigos do colexio. Teo tivo que quedar no coche para non perderse, pero a el tamén lle fixeron un disfrace de Spiderman. Estaba guapísimo!

E o martes seguiron coas celebracións de Entroido. Nesta ocasión viaxou ata Cabana, onde viven a súa avoa Nieves e a súa bisavoa Pilar, e no Polideportivo saltou nas colchonetas e tamén xogou con algún que outro amigo do cole.

Como vedes, tanto Teo coma Xabi estiveron encantados de pasar estes días de Entroido xuntos!

Comentarios