HANOCH PIVEN, SANDWINA E O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!

O próximo mércores, 8 de marzo, a nivel de centro conmemoraremos o Día Internacional da Muller. Cada aula escollerá unha ou varias mulleres que loitasen pola igualdade, e dende Educación Infantil a elixida foi a austríaca Kate Brumbach, alias "Sandwina", calificada como a muller máis forte da Terra e das primeiras mulleres forzudas do mundo do circo. Aproveitando a temática que envolve este curso a nosa escola, abordaremos unha profesión historicamente relacionada coa esfera masculina. Será mañá cando a coñezamos na aula de 3 anos:


Ademais, achegarémonos á técnica artística do collage recreando ao grande, cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, a imaxe de Sandwina, inspirándonos nas obras do ilustrador israelí Hanoch Piven. É por este motivo polo que hoxe vos pedimos diferentes elementos de refugallo para traer á aula. Xa vos mostraremos ata onde pode chegar a nosa imaxinación!


Esta será unha boa maneira de achegarnos ás 3R (reducir - reciclar - reutilizar), e aproveitaremos para relacionalo co noso proxecto sobre o Polo Norte, coñecendo un pouquiño máis sobre o cambio climático, descubrindo que podemos facer para coidar a natureza. Ademais, o próximo venres virán ao noso colexio distintos membros de SOGAMA, a Asociación Galega do Medio Ambiente, cos que realizaremos un taller de reciclaxe. Xa vos iremos contando!

Comentarios