TEO VOLVE DA CASA DE... ROI!

No día de onte, a nosa mascota de cor verde regresou de pasar a fin de semana na casa do noso compañeiro Roi. Foron uns días moi divertidos, aquí volo contamos:

O venres, Teo baixou do autobús das vacas con Roi e co seu irmán Leo, cos que merendou vendo a televisión. Logo, o noso compañeiro presentoulle a tódolos seus animaliños: as cadelas, as galiñas, os patos, os pavos, as codornices, os peixiños... E tamén o pasaron pipa saltando na cama elástica! Máis tarde, Leo fixo un debuxo que Teo e Roi colorearon, e xa pola noite tocou sesión de cine... A película elixida foi Trolls! Para rematar o día, ao meterse na camiña, a nosa mascota coñeceu a tódolos Teos que Roi ten na súa casa e que coseu a súa mamá Rosario.

O sábado pola mañá, Leo leulles o conto de "O monstro de cores" e despois diso, Teo coñeceu o xogo favorito destes irmáns: os LEGOS! Un pouco máis tarde preparáronse para ir á piscina de Cabana, e antes de nadar, decidiron divertirse no parque cos columpios. Cos gorros e cos bañadores postos, era momento de facer deporte co profe Efrén acompañados dunha nena ben coñecida por todos nós... Quen sería? Pois a nosa compañeira Lucía!

O sábado pola tarde a nosa mascota coñeceu Buño, xa que alí se celebraba unha gran festa de Entroido: a Mikaela! Acompañados da nosa compañeira Lucía e do seu irmán Álvaro, e tamén das súas veciñas Lara e Lorena, Roi e Teo visitaron o colexio deste pobo, onde saltaron nas colchonetas que alí puxeron para tódolos nenos. Tamén merendaron, e xa á noitiña viron como queimaban á Mikaela! 

O domingo, como non facía moi bo tempo, decidiron quedar na casiña. Antes que nada almorzaron para coller forzas para todo o día e logo dedicáronse a xogar: vendo a televisión, lendo contos, coa cociña... E pola tarde recibiron unha agradable visita, a dos padriños de Roi coa súa curmá Bella!

Como vedes foi unha fin de semana moi especial e a Roi encantoulle ter a Teo na súa casa!

Comentarios

  1. Foi un place terte Teoo !!,come moi ben e moi boiño de ter ! jijiiji gracias x vir a nosa casaaa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É que o Teo de cor verde éche moi tranquilo jejeje El tamén o pasou fenomenal! 😊

      Eliminar
  2. Gracias a Roi e a súa familia por compartir o fin de semana con nós acompañados por Teo, os nenos pasarono todos en grande😘😘😘

    ResponderEliminar

Publicar un comentario