PAPELEIRAS DE RECICLAXE!

Esta mañá, despois das rutinas, a mestra ensinounos esta imaxe, e todos xuntos na alfombra estivemos falando sobre o que alí viamos.


Coa axuda deste vídeo, a profe explicounos por que o Polo Norte estaba quedando sen xeo. Conforme ían pasando as imaxes, Rocío explicábanos o que estabamos a ver, o malo que era para o mundo e como podiamos cambiar nós iso.


Como é un tema moi complexo sobre o que seguiremos afondando conforme vaia pasando o tempo, polo momento quedámonos coa importancia de non malgastar as cousas que temos, reutilizándoas (como fixemos no cadro de Sandwina) e reciclándoas (como faremos a partir de hoxe na nosa aula).

Aínda nos custa recordar e pronunciar a palabra "reciclar", así que moitos Pondaliñ@s optamos por "transformar". Nos próximos días toca familiarizarnos coas cores da reciclaxe, pero o que xa temos claro son os materiais que podemos reciclar. Para iso, entre todos intentamos pensar nas cousas de plástico, papel e vidro que coñecemos, e imaxinar en que se podían converter unha vez que nós as reciclásemos. Tamén decidimos que como a comida non se podía reciclar, o mellor era non tirala, e se algún día a tirabamos, darlla aos animaliños que temos na casa ou que hai polo monte.

Pero para reciclar faltábanos algo moi importante... AS PAPELEIRAS DE RECICLAXE! Pero non había problema. Despois do recreo, por equipos, puxémonos mans á obra e as nosas novas papeleiras xa están listas para ser estreadas!



Comentarios

  1. Encántanos como quedaron! Sodes uns/unhas artistas!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! Agora queda aprender a usalas! 😊

      Eliminar
  2. Un bo tema para que os nenos se vaian concienciando desde pequeniños, e aprendendo a reciclar, que a profe Rocío seguro que lle fan máis caso que na casa, e aprenden a importancia que ten. Moitas gracias profe😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Esta mañá estaban súper concienciados! Todo sexa para que os esquimós e os animais polares non queden sen casa 👏👏👏

      Eliminar

Publicar un comentario